Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ENERGY-SMARTCITIES-2012. Cidades intelixentes

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa específico sobre Cooperación apoia tódolos tipos de actividades de investigación realizadas por diversas entidades científicas en cooperación transnacional e pretende acadar ou consolidar o liderado en eidos clave da ciencia e a tecnoloxía.

Obxectivo específico da convocatoria

No marco desta iniciativa espérase que as cidades e comunidades aceleren a utilización de tecnoloxías baixas en carbono A iniciativa abarca unha ampla gama de temas relacionados coa enerxía como a eficiencia enerxética, redes de enerxía e producción de enerxía renovable, así como outros problemas urbanos na área da electricidade, calefacción e refrixeración, transporte, residuos e xestión da agua. Os temas céntranse na dimensión enerxética, incluíndo o tema dos edificios eficientes enerxéticamente.

Eidos de actuación

A presente convocatoria de propostas enmárcase dentro da actividade EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO, en particular dentro da área encargada das Cidades e Comunidades Intelixentes. A través dela levaranse a cabo dous tipos de accións:

  • Accións de coordinación e apoio relativas ao Planeamento estratéxico sustentable e revisión de plans urbanísticos.

  • Proxectos de colaboración destinados a Sistemas a grande escala para o suministro de calefacción e refrixeración na área urbana.

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, industria (incluidas as pmes) e usuarios finais potenciais. Ademais, os proxectos de coordinación e apoio tamén irán destinados aos directores e propietarios de proxectos de investigación.

Socios

Nos proxectos de colaboración e coordinación: alomenos tres entidades legais independentes establecidas en tres estados membros ou países participantes no 7º PM.

Nas accións de apoio: polo menos unha entidade legal independente.

Financiamento

A cantidade a subvencionar acharase sobre o total dos custos elexibles tendo en conta as porcentaxes máximas determinados no Programa de Traballo de Cooperación.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento destinado para esta convocatoria ascende a 40 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos. Pola súa parte, as accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio tenrán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

Luisa Olano
I.D.A.E.
Madera, 8
E-28004
Madrid
Tel:+34-914565025
http://www.idae.es

Luisa Revilla Trujillo
CDTI - Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial
c / Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante