Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-KBBE-2012-6.Alimentación, agricultura, pesca e biotecnoloxía.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Agrupar a científicos, industrias e demáis interesados ​​para explotar as novas oportunidades de investigación que aborden os emerxentes retos sociais, ambientais e económicos: a crecente demanda de seguridade, alimentos máis sans, sostibles e de calidade, a producción de bio-recursos renovables, o risco crecente de enfermidades epizoóticas e zoonóticas e de trastornos relacionados coa alimentación, ameazas á sostibilidade e seguridade da producción agrícola, acuícola e pesqueira, e a crecente demanda de alimentos animais de alta calidade, tendo en conta o benestar e o medio rural e costeiro, así como a resposta ás necesidades dietéticas específicas dos consumidores.

Eidos de actuación

Actividade 2.1: Producción e xestión sostible dos recursos biolóxicos da terra, os bosques e medio mariño.
Actividade 2.2: Granxas: Alimentación (incluido o peixe), saúde e benestar.
Actividade 2.3: Ciencias naturais, biotecnoloxía, e bioquímica para procesos e produtos non alimenticios sostibles.

Destinatarios

Organizacións de investigación, Universidades, industria (incluidas as pemes) e usuarios potenciais.

Socios

1. Proxectos de colaboración: polo menos 3 persoas xurídicas independientes, cada unha emprazada nun Estado membro ou país asociado, e 2 non poden estar emprazadas no mesmo Estado membro ou país asociado.
2. Proxectos de colaboración para accións específicas (SICA) para a cooperación de socios internacionais: Polo menos 4 persoas xurídicas independientes, das cales 2 deben estar emprazadas en diferentes Estados membros ou países asociados, as outras 2 deben estar emprazadas en diferentes países socios da cooperación internacional.
3. Accións de coordinación e apoio (Accións de Coordinación): Polo menos 3 persoas xurídicas independientes, cada unha das cales debe estar emprazada nun Estado membro ou país asociado, non pudendo estar 2 establecidas no mesmo.
4. Accións de coordinación e apoio (Accións de Apoio): Polo menos 1 persoa xurídica independiente.

Financiamento

A cantidade a subvencionar variará en función do tipo de acción que se desenvolva, segundo o disposto na convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

304.57 millóns de euros

Duración do proxecto

Non existen límites de duración para os proxectos de colaboración, aínda que normalmente duran entre 2 e 5 anos.
As accións de coordinación soen ter unha duración entre 2 e 4 anos, mentres que as accións de apoio durarán entre uns meses e 2 ou 4 anos. Non obstante, non existe límite mínimo nen máximo.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

15/11/2011

Documentación

Contacto

Dr. Cecilia Hernández
CDTI
Dpto. Biotecnología, Salud y Agroalimentación
c/ Cid, 4
28001 Madrid - España
Tel: +34-91-5815500

Comentarios

Os resultados da avaliación publicaranse tres meses despois da data límite de presentación.
Os acordos de subvención entrarán en vigor previsiblemente a finais de 2012.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante