Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ENERGY-2012-2. Cooperación en enerxía (2ª parte)

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa específico sobre Cooperación apoia tódolos tipos de actividades de investigación realizadas por diversas entidades científicas en cooperación transnacional e pretende acadar ou consolidar o liderado en eidos clave da ciencia e a tecnoloxía.

Obxectivo específico da convocatoria

Adaptar o actual sistema enerxético a outro máis sustentable, menos dependente de combustibles importados e baseado nunha combinación variada de fontes de enerxía renovables, as compañías de enerxía e fontes non contaminantes, mellorar a eficiencia enerxética, racionalizando o uso e almacenamento de enerxía frente aos retos apremiantes da seguridade do abastecemento e o cambio climático e aumentar a competitividade das industrias europeas.

Eidos de actuación

As actividades que se desenvolverán baixo esta convocatoria de propostas serán:

  • Xeración de enerxías renovables.

  • Produción de combustible renovable.

  • Accións transversais entre as outras dúas actuacións.

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, Industria (incluídas as pemes) e usuarios finais potenciais.

Socios

Polo menos tres ”persoas xurídicas” establecidas en diferentes Estados membros ou países asociados (ver convocatoria). Estas entidades deben ser independentes entre sí.

Financiamento

A cantidade a subvencionar acharase sobre o total dos custos elexibles tendo en conta as porcentaxes máximas determinados no Programa de Traballo de Cooperación.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria ascende a 81 000 000 euros

Duración do proxecto

Non existe duración mínima nen máxima, non obstante, os programas de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

08/03/2012

Documentación

Contacto

Luisa Olano
I.D.A.E.
Madera, 8
E-28004
Madrid
Tel:+34-914565025
http://www.idae.es

Luisa Revilla Trujillo
CDTI - Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial
c / Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante