Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-HEALTH-2012-INNOVATION-2.- Convocatoria de proxectos de saúde do Programa ”Cooperación” do 7PM


Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Mellorar a saúde dos cidadáns europeos. Mellorar a capacidade de innovación e competitividade do sector europeo da saúde

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria está adicada a unha determinada iniciativa de innovación das PEME, deseñada para fomentar un maior esfuerzo das PEME na investigación e na innovación.

Eidos de actuación

1. Biotecnoloxía, ferramentas comúns e tecnoloxías médicas para a saúde humana:
1.4. Enfoques e intervencións terapéuticas innovadoras.
2. Traducción da investigación para a saúde humana:
2.3. Investigación transnacional das principais enfermidades infecciosas: para enfrontarse ás ameazas á saúde pública.
2.3.0 Transversales.
2.4. Investigación transnacional de outras enfermidades importantes
2.4.5. Outras enfermidades crónicas.

Destinatarios

Persoas xurídicas emprazadas nos Estados membros da UE ou nos países asociados. As PEME deben ter un papel de liderazgo ou coordinación no consorcio.

Socios

Exixése a participación de 3 socios como mínimo, e 5 como máximo, todas persoas xurídicas emprazadas nalgún dos Estados membros da UE ou nalgún país asociado, e polo menos 3 deben estar emprazadas en 3 Estados membros ou países asociados distintos.

Financiamento

A contribución solicitada á UE por proxecto debe depender das necesidades do proxecto sen exceder dun máximo de 6.000.000 EUR.
A contribución económica da UE debe estar en consonancia coas necesidades dos consorcios, dentro da máxima contribución da UE, pero non necesariamente a contribución máxima.
A financiación máxima da Unión Europea será (Anexo 3):
1. Actividades de investigación e tecnoloxía: 75% cando se trate de organismos públicos sen ánimo de lucro, establecementos de educación secundaria e superior, organismos de investigación e PEMES, e do 50 % para o resto de organizacións.
2. Actividades de demostración: 50%
3. Accións de coordinación e apoio: 100%
4. Xestión, auditoría, certificados e outras actividades: 100%

Orzamento total da convocatoria

108.000.000 EUR

Duración do proxecto

Máximo 3 anos

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

27/09/2011

Documentación

Contacto

Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI)
C/ Cid 4
28001, Madrid.- España
Teléfonos: (34) 91 581 55 00 / (34) 91 209 55 00
Fax: (34) 91 581 55 94
Web: http://www.cdti.es

Carolina Carrasco
CDTI - Centro Para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, Ministerio de Cienca e Innovación
Biotecnoloxía, Saúde e Agroalimentación
c/ Cid, 4, 28001 Madrid.- España
Tel: +34 902 347 434
Fax: +34 91 581 5584

Sra. Lucía del Río
Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII)
C/ Sinesio Delgado nº6, Pabellón 6
28029 Madrid.- España

Comentarios

A fase 1 de avaliación deberá estar concluida a finais de outubro de 2011. A data límite para a etapa 2 prevese que sexa a mediados de decembro de 2011, e a súa avaliación terá lugar previsiblemente en xaneiro de 2012. Os resultados xerais de avaliación estarían dispoñibles nos 2 meses seguintes á data de peche da etapa 2, de tal modo que as negociacións do acordo de subvención iniciaríase no mes de febreiro de 2012.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante