Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

SP1-JTI-CS-2011-03 Iniciativa Conxunta Clean Sky

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Os Proxectos de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico Clean Sky son proxectos de investigación cuio obxectivo é desenvolver novos coñecementos, tecnoloxía e solucións relativos á Aeronáutica e ao Transporte Aéreo. En concreto Clean Sky é unha Iniciativa Conxunta público-privada da Comunidade Europea que pretende desenvolver conceptos innovadores para diminuir significativamente o impacto do modo de transporte aéreo sobre o medio ambiente.

Obxectivo específico da convocatoria

A Iniciativa Conxunta Clean Sky establece en cada convocatoria unha serie de temas para os que se determinan unhas características determinadas.
Estes Temas agrúpanse dentro dos 6 ”Demostradores Tecnolóxicos Integrados” (ITD) que esta Iniciativa destacou:

  • Aeronave con ”á intelixente”
  • Avións rexionais verdes
  • Helicóptero ecolóxico
  • Motores sustentables e ecolóxicos
  • Sistemas de xestión ecolóxica
  • Eco-deseño de aeroestruturas.

Eidos de actuación

As actividades levadas a cabo baixo esta convocatoria de propostas poderán ser:

  • actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico

  • actividades de demostración, designadas para probar a viabilidade das novas tecnoloxías

  • outras actividades como actividades de xestión, formación de investigadores, actividades de preparación para a aplicación de resultados, etc.

Destinatarios

Entidades legais establecidas nun Estado membro ou nun país asociado ao Sétimo Programa Marco (ver convocatoria).

Socios

Se está interesado en participar conxuntamente con organizacións asociadas pode buscar socios interesados na páxina web www.cleansky.eu.

Financiamento

Dependendo da natureza dos participantes, o financiamento será de entre 50% e o 75% do orzamento máximo indicado para cada Tema.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da presente convocatoria de propostas ascende a 19 497 750 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima dependerá do previsto na Convocatoria para cada proxecto concreto.

Data de publicación

19/07/2011

Data límite de solicitude

12/10/2011

Documentación

Contacto

Juan Antonio Tebar
Dpto. Programas de la UE - EU Programmes Dept.
tebar_juanantonio@cdti.es

Carmen Alonso
Dpto. Aeronáutica CDTI
alonso_carmen@cdti.es

Comentarios

Poderá consultar as súas dúbidas ao respecto da convocatoria no seguinte correo: info-call-2011-03@cleansky.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante