Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-HEALTH-2012-INNOVATION-1.- Convocatoria de proxectos de saúde

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Mellorar a saúde dos cidadáns europeos. Mellorar a capacidade de innovación e competitividade do sector europeo da saúde.

Eidos de actuación

1. Biotecnoloxía, ferramentas xenéricas e tecnoloxías médicas para a saúde humana:
1.2.Detección, diagnose e vixilancia.
1.4.Enfoques e intervencións terapéuticas innovadoras.

2.Investigación para a saúde humana:
2.1.Integración dos datos e procesos biolóxicos.
2.2.Investigación sobre o cerebro e as enfermedades relacionadas, desenvolvemento humano e envellecemento.
2.3. Investigación trasnacional sobre as principais enfermidades infecciosas: para enfrentarse ás principais ameazas para a saúde pública.
2.4. Investigación Trasnacional de outras enfermidades graves.

3. Optimización da prestación de asistencia sanitaria aos cidadáns europeos:
3.2. Calidade, eficiencia e solidariedade dos sistemas de saúde.
3.4. Saúde pública internacional e sistemas de saúde.

4. Outras accións relativas á saúd humana:
4.1. Accións de coordinación e apoio sobre o tema.

Destinatarios

Organismos públicos sen ánimo de lucro, establecementos de educación secundaria e superior, organismos de investigación, PEMES e outras organizacións.

Socios

Na maioría dos casos deben participar como mínimo 3 socios (agas para SICA e SA), sen embargo non hai obriga de exceder o número mínimo de participantes, salvo que se precisen novos socios para lograr os obxectivos do proxecto.

Financiamento

A contribución económica da UE debe estar en consoancia coas necesidades dos consorcios, dentro da máxima contribución da UE, pero non necesariamente a contribución máxima. A financiación máxima da Unión Europea será (Anexo 3):
1. Actividades de investigación e tecnoloxía: 75% cando se trate de organismos públicos sen ánimo de lucro, establecementos de educación secundaria e superior, organismos de investigación e PEMES, e do 50 % para o resto de organizacións.
2. Actividades de demostración: 50%
3. Accións de coordinación e apoio: 100%
4. Xestión, auditoría, certificados e outras actividades: 100%

Orzamento total da convocatoria

546.000.000 EUR

Duración do proxecto

A duración dos proxectos debe estar en consoancia coa planificación realista do proxecto.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

04/10/2011

Documentación

Contacto

Centro de Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI)
C/ Cid 4
28001, Madrid.- España
Teléfonos: (34) 91 581 55 00 / (34) 91 209 55 00
Fax: (34) 91 581 55 94
Web: http://www.cdti.es

Sra. Carolina Carrasco
CDTI - Centro Para el Desarrollo Tecnológico Industrial , Ministerio de Cienca e Innovación
Biotecnología, Salud y Agroalimentación
c/ Cid, 4, 28001 Madrid.- España
Tel: +34 902 347 434
Fax: +34 91 581 5584

Sra.Lucía del Río
Instituto de Salud Carlos III (ISCIII)
C/ Sinesio Delgado nº6, Pabellón 6
28029 Madrid.- España

Comentarios

A fase 1 de avaliación debería estar rematada a mediados de decembro de 2011. A avaliación da etapa 2 espérase que teña lugar en marzo de 2012. Prevese que os resultados xerais da avaliación estén dispoñibles nos 3 meses seguintes á data de peche da etapa 2. As negociacións de acordos para a concesión das axudas comenzaría así en maio de 2012.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante