Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FCH JU 2011 Empresa Común Pilas de Combustible e Hidróxeno.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A Empresa Común FCH contribuirá á execución do Sétimo Programa Marco e en temas de ”Cooperación”, en particular o programa específico para «Enerxía», «Nanociencias, Nanotecnoloxías, Materiais e Novas Tecnoloxías de produción », Medio ambiente e Transporte (incluida a aeronáutica).

Obxectivo específico da convocatoria

Para levar a cabo un programa de actividades no eido das pilas de hidróxeno de combustible, os obxectivos específicos serán, entre outros:
- Situar a Europa na vangarda da pila de combustible e as tecnoloxías do hidróxeno.
- Asegurar a coordinación da xestión e eficiencia dos fondos.
- Fomentar o incremento do investimento.
- Levar a cabo accións de apoio no seu caso a través de convocatorias de licitación.

Eidos de actuación

En particular as accións dirixiranse cara:

- As infraestruturas de transporte e reabastecemento de combustible
- Produción e distribución de hidróxeno.
- Xeración de enerxía estacionaria.
- Mercados tempranos.
- Asuntos transversais.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades e industria (incluindo pemes)

Socios

Polo menos tres ”persoas xurídicas ” establecidas en diferentes Estados membros ou países asociados (enumerados na convocatoria). As entidades deben ser independentes entre sí. Alomenos unha persoa xurídica debe ser membro da Agrupación Sectorial ou da Agrupación de Investigadores.

Financiamento

O orzamento definitivo outorgado á subvención, trala avaliación de proxectos, pode variar ata o 10% do valor total da convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento de esta convocatoria ascende a 109 millóns de euros

Data de publicación

03/05/2011

Data límite de solicitude

18/08/2011

Documentación

Contacto

Almudena Carrero
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
C/ Albacete, 5 - 5a planta Sur
28071
Madrid
SPAIN

Claire Castel
Communication Officer
Fuel cells and Hydrogen Joint Undertaking
Claire.Castel@fch.europa.eu
Tel: +32 2 221 81 35

Comentarios

Existen dous tipos de accións baixo este programa: as accións de colaboración e as accións de coordinación e apoio.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante