Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EYRA 2011. Premio para Mozos Europeos Investigadores.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

EYRA é un premio que se lle concede a aqueles investigadores que demostren un desempeño sobresaínte na investigación, así como unha profunda visión da Área Europea de Investigación.

Obxectivo específico da convocatoria

O premio trata de incentivar tanto aos investigadores juniors como aos seniors a pensar en Europa e incorporen o nivel europeo nas súas investigacións.

Eidos de actuación

A investigación ten que estar relacionada coa Área Europea de Investigación, ha de ter unha dimensión clamramente europea.

Destinatarios

O candidato non ten porqué ter a nacionalidade europea, pero debe traballar nun país europeo.
Entenderase por ”mozo investigador” aqueles que estén preparando o seu Doutoramento e que estén matriculados na primeira etapa do Doutoramento no momento de facer a solicitude.
Entenderase por ”investigadores avanzados” aqueles que completaran a primeira etapa dos seus estudos de doutoramento, e que teñan un máximo de 5 anos de experiencia.

Socios

O proxecto pode ser froito dunha colaboración de investigadores de distintos países europeos, ou ben un proxecto de investigación dun só país que trate un tópico de investigación de relevancia europea.

Data de publicación

14/02/2011

Data límite de solicitude

22/04/2011

Documentación

Contacto

Eurociencia
1 quai Lezay Marnésia,
F-67000 Estrasburgo
Tel.: +33 (0)3 88 24 11 50
FAX: +33 (0)3 88 24 75 56
E-mail: office@euroscience.org

Comentarios

O premio dase cada ano, pero a ceremonia de concesión terá lugar cada dous anos no seno do Foro Aberto de Eurociencia, onde os dous beneficiarios presentarán o seu traballo. Neste acto faráselle entrega dunha medalla e dun certificado, tamén se lle financiará a viaxe e aloxamento na cidade onde teña lugar o Foro.
A solicitude farase en inglés.

DOCUMENTACIÓN:

1) Solicitude, dúas páxinas ( tamaño DINA-4 ) nas que describa a investigación e a súa dimensión europea, unha páxina co CV, incluindo os premios que tivera recibido, así como a referencia de 3 persoas (todos estes documentos han de incluirse nun arquivo .pdf).
2) 2 cartas de recomendación, apoiando a súa concesión do premio (dunha páxina de DIN-4)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante