Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2011-IEF. Bolsas intraeuropeas Marie Curie para o desenvolvemento profesional.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

PEOPLE:
O programa PEOPLE do 7PM ten como obxectivo fortalecer cuantitativa e cualitativamente o potencial humano da investigación e a tecnoloxía en Europa mediante a formación, a mobilidade e o desenvolvemento dos investigadores pertencentes a universidades, organizacións ou empresas.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta acción está encamiñada a apoiar o desenvolvemento dunha carreira profesional, ou a súa reanudación, de investigadores con experiencia en diferentes estadios da súa carreira profesional. Está enfocada a reforzar a diversificación das súas competencias personais en térmos de adquisición de capacidades a nivel inter o multidisciplinario e/ou a adquirir experiencia intersectorial.

O obxectivo é apoiar a investigadores na adquisición ou reforzamento dunha posición punteira na investigación, adquirindo a condición de investigador principal, profesor ou calquera outra posición senior na educación ou a empresa.

Eidos de actuación

Está aberto a calquera área de investigación científica e técnica, con excepción das áreas de investigación financiadas por EURATOM.

Destinatarios

Investigadores da Unión Europea ou de Países Asociados que teñan o título de doutor ou que teñan unha experiencia investigadora a tempo completo de, como mínimo, 4 anos.

Socios

Para a súa solicitude o investigador debe contar co apoio do centro (IEF, IIF) ou centros (IIF con retorno e IOF) onde vaia levar a cabo a súa actividade investigadora en caso de que o proxecto se financie.

Financiamento

Finánciase unha formación avanzada. Pode incluír a adquisición de destrezas novas ou complementarias, así como tamén a mobilidade transnacional.

A formación está baseada nun programa previamente acordado entre o investigador e o supervisor da organización de aloxamento.

TIPOS DE FORMACIÓN SUBVENCIONADA:

1) Formación para a investigación suxeita a supervisión dun proxecto individualizado.

2) Capacitación práctica para desenvolver aptitudes científicas (novas técnicas, instrumentos...), destrezas complementarias (preparación das propostas para a solicitude de fondos, aplicacións sobre patentes, xestión de proxectos, tarefas de coordinación, supervisión de persoal...).

3) Transferencia de coñecemento intersectoral ou interdisciplinaria.

4) Capacidade para crear colaboracións.

5) Xestión científica e financeira activa do seu proxecto de investigación.

6) Desenvolvemento de destrezas organizativas, a través da organización e divulgación de eventos de formación.

Orzamento total da convocatoria

109,85 millóns de euros.

Duración do proxecto

Entre 1 e 2 anos.

Data de publicación

16/03/2011

Data límite de solicitude

11/08/2011

Documentación

Contacto

1) David Sayago
Oficina Europea MICINN
Tel.: +34 916 03 79 55
E-mail: movilidad.7pm@micinn.es>movilidad.7pm@micinn.es
Albacete, 5 - 2ª pl. Este 28027 Madrid

2) Amparo Rausa
Universidad de Valencia
Tel.: +34 963 86 40 09
E-mail: movilidad.7pm@micinn.es>movilidad.7pm@micinn.es
Reitorado da Universidade de Valencia
Paseo Blasco Ibáñez 13 46010 Valencia

Comentarios

O proxecto débese executar baixo as premisas da organización que aloxa ao investigador na Unión Europea ou no País Asociado.

As axudas Marie Curie non se conceden a un individuo, senón que se conceden a un centro para financiar a actividade dun individuo concreto. Chegado o momento, se a proposta é aprobada a Comisión Europea negocia co centro (e non co investigador) o chamado Acordo de Subvención (Grant Agreement) e unha vez firmado este acordo, o centro procede á contratación do
investigador.

V Conferencia VII Programa Marco de I+D de la Unión Europea en España: Hacia a Estratexia Común Europea de Investigación e Innovación (vid enlace)
Lugar: San Sebastián
Data: 20 e 21 de xuño de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante