Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2011-IIF. Bolsas Internacionais de Acollida Marie Curie.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

PEOPLE:
O programa PEOPLE do 7PM, ten como obxectivo fortalecer cuantitativa e cualitativamente o potencial humano da investigación e a tecnoloxía en Europa mediante a formación, a mobilidade e o desenvolvemento dos investigadores pertencentes a universidades, organizacións ou empresas.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta acción ten como obxectivo reforzar a excelencia na investigación nos Estados membros e nos países asociados a través do intercambio de coñecemento, mediante a acollida de investigadores de primeira liña procedentes de terceiros países, que veñan a Europa para participar en proxectos de investigación europeos.

O obxectivo último consiste en desenvolver unha cooperación de beneficio mutuo entre a Unión Europea e terceiros países.

Preténdese alentar a estes investigadores a que planifiquen o seu período de mobilidade internacional no marco dun proxecto profesional coherente, de modo que se incremente a posibilidade de establecer futuras colaboracións con investigadores europeos e organizacións activas na investigación.

Eidos de actuación

Cubre todas as áreas de investigación científica e tecnolóxica que sexan de interese da UE, agás aquelas financiadas por EURATOM.

Búscase un proxecto de investigación que transfira coñecemento na organización destinataria e que constrúa ou incentive as colaboracións entre Europa e o resto do mundo.

O traballo de investigación tamén suporá un avance na carreira do investigador.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

• Unirse a un equipo de investigación europeao que non teña a súa experiencia.
• Establecer unha colaboración, a través do proxecto de investigación, cun laboratorio ou un terceiro país.
• Gañar novos coñecementos dos laboratorios europeos.

Destinatarios

Investigadores cunha carreira investigadora consolidada, procedentes de Terceiros Países (vid anexo), que queiran traballar nun proxecto de investigación nos Estados Membros de Europa ou de Países Asociados.

Esta bolsa axuda a desenvolver a cooperación, no eido da investigación, entre Europa e outras partes do mundo.

Debe tratarse de investigadores que estean en posesión do título de doutor ou que teñan unha experiencia a tempo completo de 4 anos.

Os centros que albergarán aos investigadores poderán ser universidades ou centros de investigación de Terceiros Países ou empresas.

Financiamento

Esta bolsa tamén pode cubrir unha fase de retorno dunha duración máxima dun ano, que terá lugar no país de orixe, para os efectos de aplicar a experiencia previamente adquirida.

Para que a fase de retorno poida ser financiada, o investigador ha de proceder dun dos países colaboradores (vid anexo).

GASTOS QUE CUBRE:

1) Para o Investigador:

• Gastos de Mantemento
• Gastos de Mobilidade
• Gastos de traslado (viaxes)
• Custos indirectos: 3% dos directos

2) Para a Institución que alberga

• Suma fixa mensual dependendo do tipo de proxecto, si é de laboratorio ou non
• Gastos administrativos que garden relación directa coa Bolsa

Orzamento total da convocatoria

40 millóns de euros.

Duración do proxecto

Entre 12 e 24 meses.

Data de publicación

16/03/2011

Data límite de solicitude

11/08/2011

Documentación

Contacto

1) David Sayago
Oficina Europea MICINN
Tel.: +34 916 03 79 55
E-mail: movilidad.7pm@micinn.es>movilidad.7pm@micinn.es
Albacete, 5 - 2ª pl. Este
28027 Madrid

2) Amparo Rausa
Universidad de Valencia
Tel.: +34 963 86 40 09
E-mail: movilidad.7pm@micinn.es>movilidad.7pm@micinn.es
Reitorado da Universidade de Valencia
Paseo Blasco Ibáñez 13
46010 Valencia

Comentarios

Para solicitar a bolsa de retorno, é necesario incluir detalles na solicitude inicial. Débese indicar, así mesmo, a posible organización de acollida no país de orixe.

V Conferencia VII Programa Marco de I+D da Unión Europea en España: Hacia a Estratexia Común Europea de Investigación e Innovación ( vid enlace)
Lugar: Kursaal de San Sebastián
Data: 20 e 21 de xuño de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante