Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2011-IOF. Bolsas internacionais Marie Curie de saída a terceiros países.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

PEOPLE:
O programa PEOPLE do 7PM ten como obxectivo fortalecer cuantitativa e cualitativamente o potencial humano da investigación e a tecnoloxía en Europa mediante a formación, a mobilidade e o desenvolvemento dos investigadores pertencentes a universidades, organizacións ou empresas.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta acción ten como obxectivo reforzar a dimensión internacional da carreira profesional dos investigadores europeos, dándolles a oportunidade de formarse e adquirir coñecementos en organizacións de primer nivel activas na investigación, establecidas noutro país terceiro (fase exterior).

Estas bolsas financiarán proxectos de investigadores experimentados que leven a cabo a súa investigación na fase inicial (1 o 2 años) nun país tercero, para despois reintegrarse durante un ano nunha institución de acollida situada na UE ou nos Estados asociados, co fin de fortalecer o coñecemento multi ou interdisciplinario, a
experiencia intersectorial e capacidades complementarias do investigador.

Eidos de actuación

Serán financiadas propostas de todos os eidos da investigación científica e tecnolóxica.

Destinatarios

Investigadores da Unión Europea ou de Países Asociados que teñan o título de doutor ou que teñan unha experiencia investigadora a tempo completo de, como mínimo, 4 anos.

Os investigadores deben proceder dos Estados membros ou dos Estados asociados e a institución de acollida deberá ser unha universidade, un centro de investigación ou unha empresa.
A proposta será presentada por o investigador en colaboración coa institución de acollida.

Financiamento

Finánciase unha formación avanzada. Pode incluir a adquisición de destrezas novas ou complementarias, así como tamén a mobilidade transnacional.

A formación está baseada nun programa previamente acordado entre o investigador e o supervisor da organización de aloxamento.

TIPOS DE FORMACIÓN SUBVENCIONADA:

1) Formación para a investigación suxeita a supervisión dun proxecto individualizado.

2) Capacitación práctica para desenvolver aptitudes científicas (novas técnicas, instrumentos...), destrezas complementarias (preparación das propostas para a solicitude de fondos, aplicacións sobre patentes, xestión de proxectos, tarefas de coordinación, supervisión de persoal...).

3) Transferencia de coñecemento intersectoral ou interdisciplinaria.

4) Capacidade para crear colaboracións.

5) Xestión científica e financeira activa do seu proxecto de investigación.

6) Desenvolvemento de destrezas organizativas, a través da organización e divulgación de eventos de formación.

Orzamento total da convocatoria

40 millóns de euros.

Duración do proxecto

2-3 anos, que serían repartidos da seguinte maneira:
a) 1-2 anos de investigación nun Terceiro País
b) 1 ano de reintegración nun centro de investigación dun Estado Membro da Unión Europea ou dun País Asociado.

Data de publicación

16/03/2011

Data límite de solicitude

11/08/2011

Documentación

Contacto

1) David Sayago
Oficina Europea MICINN
Tel.: +34 916 03 79 55
E-mail: movilidad.7pm@micinn.es>movilidad.7pm@micinn.es
Albacete, 5 - 2ª pl. Este 28027 Madrid

2) Amparo Rausa
Universidad de Valencia
Tel.: +34 963 86 40 09
E-mail: movilidad.7pm@micinn.es>movilidad.7pm@micinn.es
Reitorado da Universidade de Valencia
Paseo Blasco Ibáñez 13 46010 Valencia

Comentarios


V Conferencia VII Programa Marco de I+D de la Unión Europea en España: Hacia a Estratexia Común Europea de Investigación e Innovación (vid enlace)
Lugar: Kursaal de San Sebastián
Data: 20 e 21 de xuño de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante