Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-Net MARTEC: Lista de Expertos Avaliadores en Tecnoloxías Mariñas

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral


Apoiar e desenvolver mecanismos de coordinación e integración nacional, rexional e europea dos programas e políticas de investigación no eido das tecnoloxías marítimas.

Obxectivo específico da convocatoria


O proxecto MARTEC invita a que se presenten solicitudes de particulares para crear unha base de datos de expertos independientes que poderán ser chamados para prestar asistencia na avaliación das propostas enviadas ás convocatorias MARTEC.

Eidos de actuación


As áreas das tecnoloxías mariñas son:
1) Construcción naval:
Novos tipos de embarcacións, estructuras, deseño e construcción de embarcacións, procesado e tecnoloxías.
2) Operacións a bordo e portuarias
Servizos de tráfico de navíos, maniobras, manipulación da carga, instalacións para augas de residuos e lastre
3) Equipamento e servizos marítimos
Sistemas de Ponte de control, tecnoloxías da información e comunicación, aplicacións telemáticas, sistemas de motor e propulsión, sistemas de automatismo, manipulación da carga e mantemento.
4) Navegación interior e transporte intermodal
Construcción de naval, equipamento e servizos marítimos, operacións a bordo e portuarias, cadenas de transporte, conexións con terra firme, transporte marítimo de curta distancia, xestión do tráfico, loxística, intermodalidade, interoperabilidade.
5) Industria e tecnoloxía ”offshore”
Novas estructuras, deseños e construccións, procesos e tecnoloxías de producción, equipamento e servizos, mantemento e desmantelamento de estructuras ”offshore”, operacións offshore, tecnoloxías de procesado subacuáticas, tecnoloxía subacuática, robots subacuáticos ( AUV, ROV )
6) Estructuras para enerxías renovables ”offshore”
Enerxía da auga ( olas, mareas e tecnoloxías enerxéticas actuais), enerxía do eólica ( tecnoloxías de enerxía eólica, instalación e tecnoloxía).
7) Tecnoloxía polares
Transporte marítimo no Ártico, construcción de buques, equipamento e servizos nas rexións polares, operaciónsen embarcacións, estructuras ”offshore”.
8) Pesca e acuicultura
Desenvolvemento de plataformas e dispositivos, piscifactorías en mar aberto, piscifactorías de nova xeración, teledetección, aplicacións de análises, tecnoloxías da información e comunicación, automatización e monitorización.
Tamén hai outros tópicos adiccionais, que se poden incluir en calquera das oito áreas temáticas mencionadas arriba:
1) Seguridade e protección ( de elementos materiais e humanos)
Seguridade dos barcos ( colisión, encallamento, conexión a terra, evacuación, protección contra incendios, búsqueda e rescate, maniobras, manipulación de cargas, rastreo e trazabilidade, primeiros auxilios e seguimento); seguridade portuaria e a bordo ( medidas preventivas contra o terrorismo e piratería).
2) Impacto medioambiental
Mellora da eficiencia e reducción do combustible e do consumo enerxético, medidas anti-derrames, manexo da auga de lastre, olas de lavado, xestión de residuos, reciclaxe, monitorización, reducción das emisións, prevención da contaminación, do ruido e das vibracións)
3) Elementos humanos
Aspectos de formación, educación, mellora das condicións de traballo e dereitos de propiedade intelectual (IPR).

Destinatarios


Expertos independientes con coñecementos e experiencia profesional nos eidos de actuación característicos das convocatorias de MARTEC e que estén dispostos a prestar asistencia a avaliación dos proxectos.
Han de ter un sólido coñecemento de inglés.

Duración do proxecto


O prazo de inscrición está aberto todo o ano
A inscrición durará mentras existan convocatorias MARTEC

Data de publicación

01/01/2006

Data límite de solicitude

01/01/2017

Documentación

Contacto

Mr. Carlos Sánchez Lafuente
Fundación Innovamar
Email: csanchez@innovamar.org
Tel.: +34 91 74 72 11 6

Comentarios


As solicitudes serán incorporadas a unha base de datos de posibles expertos independientes para as convocatorias de MARTEC.
Esta base de datos será xestionada cumprindo co establecido no Regulamento 45/2001 do Parlamento Europeo e do Consello de 18 de decembro de 2000 sobre a protección de particulares incluidos en bases de datos das Institucións Comunitarias e de libertade de circulación dos datos.
Estas bases de datos só estarán dispoñibles para os socios de MARTEC e para os servizos da Comisión Europea.

V Conferencia VII Programa Marco de I+D da Unión Europea en España: Hacia a Estratexia Común Europea de Investigación e Innovación (vid enlace)
Lugar: Kursaal de San Sebastián
Data: 20 e 21 de xuño de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante