Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-Net MNT: Rede do Espazo Europeo de Investigación en Micro e Nanotecnoloxía

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral


A iniciativa ERA-Net xurde en 2002, como unha das actividades promocionadas e financiadas por o Sexto Programa Marco de IDT (área ”Apoio á coordinación de actividades”), para mellorar a coordinación de programas de investigación non comunitarios (nacionais e rexionais) e, en definitiva, para contribuir á creación do Espazo Europeo de Investigación.
O Séptimo Programa Marco IDT (7PM) continúa apoiando e financiando a coordinación de programas europeos nacionais e rexionais a través do esquema ERA-Net e da nova iniciativa ERA-Net Plus.
ERA-Net consiste na creación de redes de organizacións nacionais e rexionais de toda Europa dedicadas ao financiamento de actividades, programas e iniciativas relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a innovación (Ministerios, axencias de innovación, etc.).
O obxectivo de ERA-Net é a coordinación destes programas e iniciativas operando en distintos eidos e áreas da ciencia e a tecnoloxía, tanto en áreas temáticas concretas, como iniciativas de carácter horizontal.

Obxectivo específico da convocatoria


MNT-ERA.NET establece e dirixe unha estructura de sustento e reforzo da colaboración entre programas internacionais e axencias de coordinación de fondos no eido da Micro e Nano Tecnoloxía e Europa.
MNT-ERA.NET fai que estes programas sexan accesibles a consorcios europeos e oferta convocatorias para este tipo de proxectos de I+D de carácter transnacional.

Eidos de actuación


Aínda que a temática é aberta, porase especial énfase nos seguintes temas:
1) Tratamento de sistemas multimateriais.
Por exemplo, materiais nanoestructurados, materiais compostos e micro/nano sitemas multimateriais, procedementos de fabricación de gran volume a baixo custo.
2) Materiais de funcionalización
Nano obxectos, superficies estructuradas, e interfaces.
3) Sistemas de Sensores Intelixentes
Por exemplo, redes de sensores, sensores para loxística, control da infraestructura, sistemas de identificación electrónica, sistemas cognitivos e sistemas ópticos.
4) Dispositivos médicos e de saúde.
Por exemplo, monitorización en rede de parámetros de saúde, sensores biolóxicos e actuadores, interfaces de bio, laboratorio nun chip.
5) Procesos de ciclo de vida (optimización) de micro/nano sistemas, métodos de desenvolvemento, avaliacións de fiabilidade, tecnoloxías integradoras.

Destinatarios


Os países/rexións participantes na convocatoria deste año son:
Austria, Rexión de Valonia, Finlandia, Francia, Rexión Midi-Pyrénées, Alemaña, Polonia, Rumania, Eslovaquia, Eslovenia, Euskadi, Suecia, Suiza e Turquía.

Socios


Poden participar consorcios de, al menos, dúas partes de diferentes países ou rexións participantes.
Os consorcios implicarán a tantas partes como sexa necesario.
Socios doutros países/rexións que non sexan membros da MNT-ERA.NET poden participar co seu propio financiamento.

Orzamento total da convocatoria


Non existen límites máximos para MNT-ERA.NET, pero sí que se aplican os límites fixados por os distintos países e rexións participantes.

Duración do proxecto

Os proxectos durarán un máximo de 3 anos

Data límite de solicitude

05/04/2011

Documentación

Contacto

1) País Vasco
Cristina Ugarte
Andere Goirigolzarri
Tel.: +34 94 420 94 88 /+34 94 420 94 88
E-mail: cugarte@innobasque.com
E-mail: agoirigolzarri@innobasque.com

2) Plataforma Tecnolóxica Española de Seguridade Industrial
E-mail: secretaria@pesi-seguridadindustrial.org

Comentarios


O País Vasco participa en todas as temáticas ofertadas.

-EuroNano Forum 2011: (vid enlace)
-Lugar: Budapest ( Hungría )
-Data: do 30 de maio ao 1 de xuño

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante