Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-Net Electromobility+ 2011. Xestión e producción de electricidade renovable.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral


A iniciativa ERA-Net xurde en 2002, como unha das actividades promocionadas e financiadas polo Sexto Programa Marco de IDT (área ”Apoio á coordinación de actividades”), para mellorar a coordinación de programas de investigación non comunitarios (nacionais e rexionais) e, en definitiva, para contribuir á creación do Espazo Europeo de Investigación.
O Séptimo Programa Marco IDT (7PM) continúa apoiando e financiando a coordinación de programas europeos nacionais e rexionais a través do esquema ERA-Net e da nova iniciativa ERA-Net Plus.
ERA-Net consiste na creación de redes de organizacións nacionais e rexionais de toda Europa dedicadas ao financiamento de actividades, programas e iniciativas relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a innovación (Ministerios, axencias de innovación, etc.).
O obxectivo de ERA-Net é a coordinación destes programas e iniciativas operando en distintos eidos e áreas da ciencia e a tecnoloxía, tanto en áreas temáticas concretas, como iniciativas de carácter horizontal.

Obxectivo específico da convocatoria


ELECTROMOBILITY+ é unha contribución de 13 países e rexións europeas á Iniciativa Europea de coches ecolóxicos. Esta iniciativa está dirixida ao establecementos de condicións a longo prazo para o desenvolvemento da mobilidade eléctrica en Europa no horizonte de 2025.
O Programa de Producción e Xestión de Electricidade Sustentable ( PROGELEC) está baseado en tres programas:

1) Enerxía solar intelixente fotovoltaica e para fogares ( HABISOL )
2) Almacenamento innovador de enerxía ( Stock-E)
3) Células de hidróxeno e combustible ( H-PAC )

Os obxectivos de PROGELEC son:
-Desenvolver sistemas innovadores de producción eléctrica, desde enerxías renovables, especialmente enerxía solar fotovoltaica.
-Xestionar a producción intermitente a través do desenvolvemento de sistemas de amortiguación do almacenamento
-Desenvolver a execución dun almacenamento fixo e de bordo, así como sistemas de producción
-Probar usos domésticos e móbiles da electricidade
-Deseñar dispositivos fiables e intelixentes para a xestión de enerxía, dende múltiples fontes.

Eidos de actuación


A convocatoria está aberta nestes eidos:

3) Investigación estratéxica nas dimensións técnicas de recarga, almacenamento e sistemas de distribución.

a) Modelos técnicos de solucións de recarga de baterías

-Xestión de baterías
-Solucións para a carga e cambio de baterías
-Estudio profundo das degradacións que se orixinan pola recarga rápida de baterías.
-Efectos directos das recargas rápidas ás redes eléctricas.
-Duración das baterías/Paquetes de baterías que restan valor: A degradación debida á carga/recarga.

b) Xestión da rede eléctrica

-Simulación dos efectos dun parque EV e PHV na rede e no contido de carbón da electricidade.
-Posibilidade de proporcionar todos os puntos de recarga de baterías ( rápidos e lentos ) co seu propio sistema primario de almacenamento, para ser capaces de almacenar electricidade fóra de horas punta, ou cando as fontes de enerxía suministren moita debido ás condicións atmosféricas favorables ( ventos fortes ou sol moi brillante ).
-Viabilidade e ventaxas da utilización das baterías de vehículos para almacenar enerxía, para equilibrar a rede e minimizar a necesidade de usar fontes altamente carbonizadas de enerxía. Modelaxe e cálculo da eficiencia global do sistema.
-Uso do hidróxeno como compoñente de almacenamento.

5) Tecnoloxía baseada na innovación

a) Almacenamento e xestión de enerxía

- Mellora das baterías baseadas en litio, optimizando os materiais de electrodos ( química en estado sólido)
-Investigación baseada en baterías de litio-aire
-Traballos de exploración na futura xeración de baterías. O papel dos nano-materiais.
-Baterías rápidas de recarga ( materiais nano-estructurados)
-Materiais novos con unha supercapacidade e electrolitos
-Programas electrónicos e de optimización para o BMS ( xestión de da enerxía eléctrica e termal)
-Programas de simulación para a optimización do uso da enerxía

b) Unidades de enerxía auxiliar

-Materiais e dispositivos para un efecto ”seebeck”
-Uso a gran escala do efecto ”seebeck”
-Uso das celdas de combustible como APU´s

Destinatarios


Los proyectos que serán apoyados en el marco de esta convocatoria son proyectos de I+D+I internacionales que cuenten con al menos 2 socios de los países/regiones participantes en la Convocatoria, siendo Andalucía la única región española participante a través de la Agencia IDEA. Es por ello que los proyectos, que tienen que ser desarrollados por empresas andaluzas, deberán ser solicitados a través de la Orden de Incentivos para el Fomento de la Innovación y el Desarrollo Empresarial de Andalucía (programa de incentivos financiado por la Subvención Global Innovación-Tecnología-Empresa de Andalucía 2007-2013, cofinanciada por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional e incorporada en el Programa Operativo FEDER Andalucía 2007-2013).

Socios


Está aberta a aqueles consorcios compostos de socios de, al menos, dous países dos que participan na convocatoria.

As rexións/países que participan son as seguintes:

-Francia
-Alemaña
-Austria
-Países Baixos
-Suecia
-Noruega
-Dinamarca
-Finlandia
-Polonia
-Flandes (Bélxica)
-Turquía
-Andalucía (España)
-Piamonte (Italia)

Financiamento


Unha soa rexión/nación non poderá asumir máis aló do 70% dos custos elexibles dun proxecto.

Orzamento total da convocatoria

30 millóns de euros

Duración do proxecto

Como máximo, 36 meses.

Data de publicación

14/12/2010

Data límite de solicitude

31/03/2011

Documentación

Contacto


1) Secretaría Electromobility+

Ms Sarina Schneider
TUV Rheinland Consulting GmbH
Research Management
Am Grauen Stein 33, 51105 Köln
Tel.: +49 221 806- 4146
Fax: +49 221 806-3496
E-mail: sarina.schneider@de.tuv.com

2) Andalucía (España)

Juan Callejón
Agencia de Innovación y Desarrollo de Andalucía, IDEA
Torneo 26, 41002- Seville (Spain)
Tel.: +34.955 030.730
Fax: +34.955 030 836
E-mail: jcallejon@agenciaidea.es

Comentarios


A avaliación farase en dous pasos:
1) Avaliación a nivel rexional/nacional
2) Avaliación por pares internacionais.

Estes proxectos tamén han de ser solicitados mediante a ferramenta electrónica da Rede ERA Net plus Electromobility En+ (Electronic Proposal Submission System, EPSS).

Entre outros criterios de elixibilidade, están o feito de que estén representados un alto número de rexións/países así como a calidade científica.

-CONGRESO ”Smarter on the way” (vid enlace)
Data: 19-22 de outubro de 2012
Lugar: Viena (Austria), na sede do Ministerio Federal de Transporte, Innovación e Tecnoloxía.

-EXHIBICIÓN INTERNACIONAL EN LOXÍSTICA E TRANSPORTE (vid enlace)
Lugar: Munich (Alemaña), no Centro de Comercio Xusto
Data: 10-13 de maio de 2011.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante