Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-Net LEAD ERA 2011. Rede europea de investigación en mercados líderes.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral


A iniciativa ERA-Net xurde en 2002, como unha das actividades promocionadas e financiadas polo Sexto Programa Marco de IDT (área ”Apoio á coordinación de actividades”), para mellorar a coordinación de programas de investigación non comunitarios (nacionais e rexionais) e, en definitiva, para contribuir á creación do Espazo Europeo de Investigación. O Séptimo Programa Marco IDT (7PM) continúa apoiando e financiando a coordinación de programas europeos nacionais e rexionais a través do esquema ERA-Net e da nova iniciativa ERA-Net Plus.
ERA-Net consiste na creación de redes de organizacións nacionais e rexionais de toda Europa dedicadas ao financiamento de actividades, programas e iniciativas relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a innovación (Ministerios, axencias de innovación, etc.).
O obxectivo de ERA-Net é a coordinación destes programas e iniciativas operando en distintos eidos e áreas da ciencia e a tecnoloxía, tanto en áreas temáticas concretas, como iniciativas de carácter horizontal.

Obxectivo específico da convocatoria


ERA-Net trata de reforzar a coordinación da investigación nacional e rexional de dúas maneiras:
- Dotando aos que aplican os programas de investigación públicos dun marco que mellore a coordinación.
- Dotando de maior ayuda financeira comunitaria a participantes que creen un fondo común destinado a lanzar convocatorias de propostas conxuntas entre os seus respectivos programas nacionais e rexionais. Isto lévase a cabo mediante o esquema ERANet Plus do 7PM.

Eidos de actuación


É a ERA-NET dos 6 mercados líderes europeos:

1) Téxtiles de protección-Técnicas téxtiles intelixentes para a roupa de protección persoal e para equipos.

Inclúense a roupa e outros sistemas accesorios baseados no textil cuxa principal función é protexer ao usuario. Estes produtos de alta tecnoloxía úsanse baixo diferentes circunstancias como, por exemplo, polos servizos profesionais e de emerxencia en ambientes ou situacións perigosas. Inclúe téxtiles de protección para actividades non profesionais (deportes).

2) Enerxías renovables-Cara a un consumo de enerxía renovable

Enerxía renovable é aquela enerxía producida a través de fontes de enerxía rexenerativas como o vento, o sol, biomasa, residuos biodegradables, materias primas, xeotérmica, olas, mareas, aerotérmica, hidroeléctrica, hidróxeno e células de combustible.

3) E-saúde

Solucións de TIC´s para pacientes, servizos médicos e entidades de pago. As principais áreas son: telemedicina, cuidado no fogar, sistemas de información clínica no sector de asistencia sanitaria primaria. Inclúe sistemas de saúde personalizados e cuidados no fogar para unha vida independente.

4) Reciclaxe-A clave cara uns modelos sustentables de consumo e producción.

A reciclaxe xoga un papel crucial na rreducción dos residuos, reducindo o consumo de fontes naturais e a unha maior eficiencia enerxética. Nesta vasta área, debe crearse un mercado líder nos residuos eléctricos e electrónicos e nos residuos xerados pola fin da vida útil dos vehículos.

5) Construcción sustentable-Un enfoque orientado ao ciclo da vida integrado

Inclúense solucións sustentables en edificios residenciais e non residenciais así como as infraestructuras de construccións. Inclúe instalacións enerxéticas de calefacción, sistemas de calidade do aire interior, asuntos relacionados coa independencia das persoas maiores e os novos sistemas de medida do consumo enerxético e parámetros unidos ao ciclo de vida dos edificios. Tamén se inclúen métodos e productos para mellorar a adaptabilidade das construccións aos cambios tecnolóxicos sustanciais, como o traslado dun concepto de casa pasivo a outro positivo, ou a integración de sistemas fotovoltaicos.

6) Produtos de base biolóxica-O uso innovador das materias primas renovables.

Produtos industriais e de consumo baseados en materias primas biolóxicas como plantas e árbores, constitúe o principal obxectivo dos mercados líderes baseados en produtos biolóxicos. Isto inclúe produtos biolóxicos non alimentarios e materiais como bio-plásticos, bio-lubricantes, tensioactivos, enzimas e produtos farmacéuticos. Polo xeral, hai un interese moi forte por descubrir cando os produtos biolóxicos poden sustituir os produtos baseados noutras materias primas. Isto exclúe como fontes de enerxía á comida, papel tradicional e produtos de madeira, pero tamén a biomasa.

Destinatarios

Está aberta aos beneficiarios destas rexións:

-Wallonia (Bélxica)
-Baixa Austria ( Austria )
-Franche-Comté (Francia)
-Alsacia (Francia)
-Oseo France (Francia)
-País Vasco (España)
-Navarra (España)
-Andalucía (España)

Socios


Unha participación mínima de 2 socios industriales pertenecientes a dos países “LEAD ERA” diferentes.
As rexións e países que participan nesta convocatoria son: Valonia, Galicia, País Vasco, Navarra, Andalucía, Franche-Comté, Alsacia, Francia, Veneto, Baja Austria, Grecia Oeste y Madrid.
Poderán participar socios pertencentes a outras rexións/países sempre que aseguren o seu propio financiamento.

Financiamento


Dependerá, en cada caso, dos límites establecidos para cada rexión/nación, pero en ningún caso unha soa axencia poderá cubrir máis do 70% do orzamento solicitado.

Orzamento total da convocatoria

Consultar Anexo I

Duración do proxecto

36 meses

Data de publicación

14/01/2011

Data límite de solicitude

21/03/2011

Documentación

Contacto

1) LED ERA
E-mail: info@leadera.net
2) Navarra
Maite Martín
E-mail: mmartpas@navarra.es
Tel.: +34848 424 518
Ana Vicente Alzuaz
E-mailcenta@navarra.es
Tel.: +34 848 427 658
3) Andalucía
José Antonio Pascual Sánchez
E-mail: jpascual@agenciaidea.es
Tel.: +34 955 030 758
Alonso Montero Gallego
E-mail: amontero@agenciaidea.es
Tel.: +34 954 544 475
4) País Vasco
Oihana Blanco
E-mail: oblanco@innobasque.com
Tel.: +34 944 209 488
Iñaki Alba
E-mail: i-alba@ej-gv.es
Tel.: +34 945 018 220

Comentarios


As propostas deberán estar orientadas ao mercado, proxectos de investigación industrial dirixida ao mercado nun curto período de tempo (2-3 anos)
-A proposta ha de presentarse electrónicamente.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante