Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-Net Martec II: Tecnoloxías Mariñas

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral


Apoiar e desenvolver mecanismos de coordinación e integración nacional, rexional e europea dos programas e políticas de investigación no ámbito das tecnoloxías marítimas.

Obxectivo específico da convocatoria


MARTEC abre unha convocatoria transnacional para proxectos de colaboración na investigación en diferentes áreas das tecnoloxías mariñas.
Esta convocatoria inicouse a instancia de oito institucións fundadoras de distintos países socios da Era-Net MARTEC. Cada país ten os seus programas nacionais no eido marítimo. Os países fundadores son: España, Dinamarca, Francia, Finlandia, Alemaña, Noruega, Turquía e Suecia.

Eidos de actuación


As áreas das tecnoloxías mariñas son:

1) Construcción naval:

Novos tipos de embarcacións, estructuras, deseño e construcción de embarcacións, procesado e tecnoloxías.

2) Operacións a bordo e portuarias

Servizos de tráfico de navíos, maniobras, manipulación da carga, instalacións para augas de residuos e lastre

3) Equipamento e servizos marítimos

Sistemas de Ponte de control, tecnoloxías da información e comunicación, aplicacións telemáticas, sistemas de motor e propulsión, sistemas de automatismo, manipulación da carga e mantemento.

4) Navegación interior e transporte intermodal

Construcción de naval, equipamento e servizos marítimos, operacións a bordo e portuarias, cadenas de transporte, conexións con terra firme, transporte marítimo de curta distancia, xestión do tráfico, loxística, intermodalidade, interoperabilidade.

5) Industria e tecnoloxía ”offshore”

Novas estructuras, deseños e construccións, procesos e tecnoloxías de producción, equipamento e servizos, mantemento e desmantelamento de estructuras ”offshore”, operacións offshore, tecnoloxías de procesado subacuáticas, tecnoloxía subacuática, robots subacuáticos ( AUV, ROV )

6) Estructuras para enerxías renovables ”offshore”

Enerxía da auga ( olas, mareas e tecnoloxías enerxéticas actuais), enerxía do eólica ( tecnoloxías de enerxía eólica, instalación e tecnoloxía).

7) Tecnoloxía polares

Transporte marítimo no Ártico, construcción de buques, equipamento e servizos nas rexións polares, operaciónsen embarcacións, estructuras ”offshore”.

8) Pesca e acuicultura

Desenvolvemento de plataformas e dispositivos, piscifactorías en mar aberto, piscifactorías de nova xeración, teledetección, aplicacións de análises, tecnoloxías da información e comunicación, automatización e monitorización.

Tamén hai outros tópicos adiccionais, que se poden incluir en calquera das oito áreas temáticas mencionadas arriba:

1) Seguridade e protección ( de elementos materiais e humanos)

Seguridade dos barcos ( colisión, encallamento, conexión a terra, evacuación, protección contra incendios, búsqueda e rescate, maniobras, manipulación de cargas, rastreo e trazabilidade, primeiros auxilios e seguimento); seguridade portuaria e a bordo ( medidas preventivas contra o terrorismo e piratería).

2) Impacto medioambiental

Mellora da eficiencia e reducción do combustible e do consumo enerxético, medidas anti-derrames, manexo da auga de lastre, olas de lavado, xestión de residuos, reciclaxe, monitorización, reducción das emisións, prevención da contaminación, do ruido e das vibracións)

3) Elementos humanos

Aspectos de formación, educación, mellora das condicións de traballo e dereitos de propiedade intelectual (IPR).

Destinatarios

Só empresas

Socios


Empresas de, ao menos 2 países participantes.
Poden involucrarse institucións de países fora da acción, pero deben achegar o seu propio financiamento.

Financiamento


O financiamento do proxecto será por parte de, a lo menos, as entidades de dous países partcipantes.
En España a institución encargada do financiamento destes proxectos é o Centro Tecnolóxico de Desenvolvemento Industrial

Duración do proxecto

O proxecto pode durar ata 36 meses.

Data de publicación

01/01/2011

Data límite de solicitude

29/04/2011

Documentación

Contacto

Mr. Carlos Sánchez Lafuente
Fundación Innovamar
Email: csanchez@innovamar.org
Tel.: +34 91 74 72 11 6

Comentarios


-Só proxectos financiados, polo menos, por dous países membros da Era-Net Martec serán financiados.
-O representante español da ñiniciativa é o CDTI
-A solicitude debe presentarse de forma electrónica e tamén debe ser remita ao CDTI a pre-proposal.

-4ª XORNADA INTERNACIONAL SOBRE ENERXÍAS MARINAS

Data: 14 de abril de 2011
Lugar: Centro de Exhibición de Bilbao ( vid enlace )

V Conferencia VII Programa Marco de I+D de la Unión Europea en España: Hacia a Estratexia Común Europea de Investigación e Innovación (vid enlace)
Lugar: Kursaal de San Sebastián
Data: 20 e 21 de xuño de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante