Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-Net PathoGenomics: Premio ”Ciencia para a sociedade”

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral


O aumento da resistencia farmacolóxica e o incremento do turismo, que potencia o risco de transmisión de enfermedades a escala internacional, son dous factores perxudiciais para a saúde pública mundial e que someten á humanidade á ameaza permanente das infeccións por microorganismos patóxenos. Neste contexto xurde o proxecto PATHOGENOMICS («Cooperación e coordinación transeuropeas para a secuenciación do xenoma e a patoxenia funcional de microorganismos patóxenos para os humanos»), unha ERA-NET orientada a programas transnacionais de investigación, con base xenómica, máis avanzados e centrados nos microorganismos patóxenos para o ser humano.

Obxectivo específico da convocatoria


Animar a científicos a achegar a ciencia ao público en xeral.
O obxectivo específico é apoiar iniciativas que dirixan a ciencia á sociedade, investigacións sobre o xenoma dos fungos e bacterias causantes de enfermedades e que acheguen ao público os resultados destas investigacións.

Eidos de actuación


Iniciativas que retraten as investigacións do xenoma das bacterias e fungos causantes de enfermedades, que acheguen o público ás investigacións sobre apatoxenia, tomando consciencia dos obxectivos pendentes de acadar neste eido.

Destinatarios


Científicos, médicos, profesores de ciencia ( en colaboración con científicos), procedentes dun país colaborador da Era-Net Patogenómica (España), dentro dunha investigación en patoxenómica ou que poida solicitar o posto.

Financiamento


Daranse dous premios cada ano, e a cantidade reembolsada por cada un será de 2.000 euros.

Duración do proxecto

Esta convocatoria está abierta todo el año

Data límite de solicitude

01/01/2013

Documentación

Contacto

Dr. Marion Karrasch
Tel.: +49-2461-616245
E-mail: m.karrasch@fz-juelich.de

Comentarios


-Achegarase un informe final (de 3 follas) á Secretaría da Era-Net de Pathoxenómica nun plazo máximo de 6 meses despois da concesión do premio. Nese informe describirase a actividade, o impacto no gran público, datas e localización da actividade. Tamén se achegará un informe financeiro.
Estes informes serán publicados na páxina web de Era-Patoxenómica, na sección de ”Ciencia para a sociedade”.

4º Congreso de Microbiólogos europeos, FEMS 2011
Lugar: Xenebra, Suiza
Data: 26-30 de xuño de 2011 ( vid enlace )

V Conferencia VII Programa Marco de I+D de la Unión Europea en España: Hacia a Estratexia Común Europea de Investigación e Innovación
Lugar: San Sebastián
Data: 20 e 21 de xuño de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante