Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-Net NuPNET 2011. Infraestructuras científicas no eido da física nuclear.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A rede NuPNET (Rede de Física Nuclear) ten como obxectivo establecer un financiamento internacional de infraestructuras e programas de Física Nuclear.
O consorcio NuPNET está formado por 18 organismos de 14 Estados Membros da UE, baixo a coordinación do Instituto Nacional de Física Nuclear e de Física de Partículas de Francia

Obxectivo específico da convocatoria

O Ministerio de Ciencia e Innovación forma parte da Rede do Espazo Europeo de Investigación en Física Nuclear, NuPNET, cuxo obxectivo é coordinar as actividades de distintos programas nacionais de investigación neste eido.

Eidos de actuación

Son 2:
Tema 1: Investigación e desenvolvemento sobre novas tecnoloxías detectoras para a física nuclear
-Tecnoloxías de detección de gamma e neutróns, baseadas en novos materiais centileantes e en novos foto-sensores (APDs, SiPMs...)
-Detectores micromodelados de gas e silicona (GEM, Micromegas): aplicacións altas e baixas de enerxía.
-Detectores de diamantes a gran escala para os controis e o tempo.
Estas tecnoloxías son importantes para as infraestructuras de investigación nuclear seleccionadas na ista ESFRI: FAIR y SPIRAL2.
Tema 3: Accións dirixidas nas estructuras nucleares e a teoria das reaccións.

Destinatarios

Universidades e outros organismos públicos de investigación, centros tecnolóxicos e organismos privados sen ánimo d elucro, sempre que desenvolvan actividades de investigación e desenvolvemento.

Socios

Un mínimo de tres socios de, al menos, tres países distintos, pertencentes á convocotaroria, que son Alemaña, Bulgaria, España, Finlandia, Francia, Italia, Países Baixos, Polonia, Rumanía e Reino Unido

Financiamento

Financiaranse cerca do 100% dos custos marxinais do proxecto. Os custos da parte española non poderán exceder de:
1) 150.000 euros para o proxecto no caso de proxectos do Tema 1: Investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías de detectores para a física nuclear
2) 50.000 euros por proxecto no caso de proxectos do Tema 3:
Accións dirixidas nas estructuras nucleares e na teoria das reaccións.
Os custos elixibles son os custos de persoal con contratos temporais ( persoal técnico, postdoutorados). Nalgúns casos considerarase financiar un pequeno equipamento, gastos correntes e a subcontratación necesaria durante o desenvolvemento das actividades propostas.
Os custos indirectos non son custos elixibles segundo o Ministerio, así como tampouco o son as bolsas.

Orzamento total da convocatoria

Depende segundo o campo de actuación:
1) Tema 1: 2.150.000 euros
3) Tema 3: 490.000 euros.

Duración do proxecto

3 anos, comenzando en novembro de 2011

Data de publicación

14/02/2011

Data límite de solicitude

22/04/2011

Documentación

Contacto

Raquel Villanueva Martínez
Programas Internacionales
Ministerio de Ciencia e Innovación
R/Albacete, 5
C.P. 28027-Madrid
Tel.: 91 6038740
E-mail: raquel.villanueva@micinn.es
Web: http://www.micinn.es
Para información sobre o procedemento de solicitude:
E-mail: NuPNET_Call@nupnet-eu.org

Comentarios

Esta convocatoria NuPNET abre o procedemento de avaliación transnacional. Unha vez superadO con éxito este procedemento, os participantes españois serán invitados polo Ministerio de Ciencia e Innovación para presentar unha solicitude á convocatoria de 2011 do Programa Nacional de Internacionalización de I+D, implementado pola Dirección Xeral de Cooperación Internacional e Relacións Institucionais do devandito Ministerio.
O Ministerio de Ciencia e Innovación financiará os organismos de investigación en España e será o responsable da decisión final para outorgar os fondos aos socios españois, tendo en conta a avaliación transnacional do proxecto e os recursos dispoñibles.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante