Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-NMP-2011-EU-RUSIA. Cooperación UE-Rusia no eido das nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de producción (NMP)

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa específico sobre COOPERACIÓN apoia todos os tipos de actividades de investigación realizadas por diversas entidades científicas en cooperación transnacional e pretende alcanzar ou consolidar o liderado en ámbitos clave da ciencia e a tecnoloxía.
El 7PM destina 32 413 millóns de euros ao programa Cooperación. O orzamento destinarase a respaldar a cooperación entre as universidades, a industria, os centros de investigación e as autoridades públicas de toda a Unión Europea, así como de fora das súas fronteras.
O programa Cooperación está subdividido en dez temas distintos. Cada tema é autónomo dende o punto de vista operativo, pero pretende manter a coherencia dentro do Programa de Cooperación e contempla actividades conxuntas transversais a diversos temas, por exemplo por medio de convocatorias conxuntas.
Os dez temas establecidos reflicten os eidos máis importantes do coñecemento e da tecnoloxía nos que a excelencia na investigación reviste importancia especial con miras a reforzar a capacidade de Europa para afrontar os seus retos futuros nos ámbitos social, económico, ambiental, industrial e de saúde pública. Garantirase a súa relevancia permanente contando cunha serie de fontes do sector da investigación, entre éstas as Plataformas Tecnolóxicas Europeas (PTE). Así, os temas importantes especificados nas Axendas Estratéxicas de Investigación (SRA) están cubertos polo programa Cooperación.
En todos estos temas, o apoip á cooperación transnacional prestarase mediante:
1) Investigación colaborativa: excelencia europea
2) Coordinación entre os programas de investigación nacionais
3) Iniciativas Tecnolóxicas Conxuntas
4) Plataformas Tecnolóxicas

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria está orientada á área de ”Permitir e Transversalizar I+D” o modelado (NMP.2011.1.4-5.
O modelado é un elemento crucial para o deseño e manufactura de moitos productos de inxeñería-ningún edificio, ponte ou coche se constrúen sen un uso exhaustivo de modelos de cálculo para probar e perfeccionar o seu deseño. O desenvolvemento dos enfoques matemáticos necesarios que capturan a ciencia subyacente deben ser prioritarios en calquer estratexia pra dar resultados tanxibles usando nanotecnoloxía.
Mentres que as melloras metodolóxicas a nanoescala mellorarán significativamente a precisión e aplicabilidade, a habilidade para conectar estos modelos de tal maneira que cada un traballe en armonía co outro debería conducir a unha xeración nova de ferramentas multiescala de IAO (Inxeñería Asistida por Ordenador) que integrarán nano e microestructuras nas capacidades fundamentais para o deseño e a manufactura.
A investigación proposta debería permitir ao futuro sistema a nanoescala funcións matemáticas para ser identificadas e transferidas ou mellor aplicadas a nanosistemas físicos para descreber novos fenómenos.

Eidos de actuación

NMP.2011.1.4-5 Modelaxe a multiescala como unha ferramenta para a Experimentación Nanotecnolóxica Virtual:
1) Análise teórico, deseño e probas virtuais funcionais dos elementos nanoestructurados heteros ou híbridos para o uso en sistemas intelixentes, sistemas integrados, OLEDs (Diodos Orgánicos Emisores de Luz) ou fotovoltaicos ou aplicacións de aforro enerxético.
2) Análise teórico, deseño e probas virtuais funcionais de nanocompostos de matriz orgánica para aplicacións industriais (incluindo as propiedades ópticas mecánicas e eléctricas).
3) Análise teórico, deseño e probas virtuais funcionais de características de comportamento ( por exemplo, biocompatibilidade e propiedades mecánicas) de nanomateriais biocompatibles metálicos.

Destinatarios

Calquer tipo de organización legalmente constituida y localizada no ámbito xeográfico da UE.

Financiamento

Todo proxecto financiado nesta convocatoria está baseado no esquema de financiamento de ”Proxectos investigadores a pequena ou mediana escala”

Orzamento total da convocatoria

4,5 millóns de euros, distribuidos en 1,5 millón de euros para cada un dos campos de actuación.

Data de publicación

20/07/2010

Data límite de solicitude

31/03/2011

Documentación

Contacto

Cecilia Hernández
Centro de desenvolvemento tecnolóxico industrial
C/Cid-Madrid
Tel.: 91 581 55 62/55 00
E-mail: chr@cdti.es
Pilar de Miguel
Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial
R/Cid-Madrid
Tel.: 91 581 55 62/55 00
E-mail: demiguel_mpilar@cdti.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante