Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Lista de Expertos Independientes no Séptimo Programa Marco.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral


Elaborar unha lista de expertos independientes que poderían ser convocados para prestar axuda para a execución de tarefas relacionadas con:

1) Séptimo Programa Marco da Comunidade Europea de Accións de Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Demostración e os seus programas específicos

2) Séptimo Programa Marco da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (CEEA) de Actividades de Investigación e Formación en Materia Nuclear e os seus programas específicos.

Obxectivo específico da convocatoria


1) O Programa Marco da CE dividirase en cinco programas específicos, que abarcarán os seguintes temas:
a) Cooperación
b) Ideas
c) Persoas
d) Capacidades
e) Accións non nucleares do Centro Común de Investigación

2) O Programa Marco da CEEA dividirase en dous programas específicos, que abranguerán os seguintes temas:
a) Investigación sobre a fusión nuclear, fisión nuclear e protección cotnra radiacións.
b) Actividades nuclearres do Centro Común de Investigación

Eidos de actuación


Os expertos independientes terán como funcións:

1) Axudar a avaliar as propostas con arreglo aos distintos obxectivos científicos, tecnolóxicos e socioeconómicos do Séptimo Programa Marco. O labor de avaliación inclúe a formulaciónd e recomendacións sobre a forma de orientar a investigación cara o logro óptimo dos obxectivos do programa específico de que se trate.

2) Axudar a supervisar os proxectos seleccionados e financiados pola Comunidade, incluidos, si é necesario e do modo adecuado, os proxectos financiados pola Comunidade dentro de programas marco de IDT anteriores.

3) Outros fins que requiran eventuais competencias específicas ( por exemplo, a supervisión da aplicación, a valoración e a avaliación do impacto dos programas e políticas de IDT).

Destinatarios


Institucións científicas, profesionais, industriais e de investigación xeral, e agrupacións científicas ou outras organizacións interesadas activamente na realización de actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

Data límite de solicitude

31/07/2013

Documentación

Comentarios


Invítase especialmente a que se propoñan expertos que non pertenzan á institución, organización ou país do propñente.
Os expertos han de posuir as competencias e os coñecementos pertinentes nos eidos de actividade nos que a súa axuda pode ser solicitada. Han de posuir, asi mesmo, unha experiencia profesional de alto nivel no sector público ou privado, nun ou varios dos seguintes sectores de actividade:
- Investigación nos eidos científicos e tecnolóxicos pertinentes
- Administración, xestión ou avaliación de proxectos, programas ou políticas de IDT
- Utilización dos resultados de proxectos de IDT, transferencia de tecnoloxía, innovación e cooperación empresarial, en especial no que se refire ás PEMES.
-Problemática da relación entre ciencia e sociedade ( educación, comunicación, competencias técnicas, riscos, cuestións éticas, etc.)
- Cooperación internacional en ciencia e tecnoloxía
- Desenvolvemento de recursos humanos.
A Comisión fixouse o obxectivo de de constituir grupos de avaliación integrados por un 40% de mulleres.

V Conferencia VII Programa Marco de I+D de la Unión Europea en España: Hacia a Estratexia Común Europea de Investigación e Innovación (vid enlace)
Lugar: Kursaal de San Sebastián
Data: 20 e 21 de xuño de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante