Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-NET 2011: Redes de organizacións nacionais e rexionais na UE

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo de Eranet consiste en reducir a fragmentación dos esforzos en investigación realizados a nivel nacional en Europa co fin de:
-Lograr unha masa crítica para asegurar o mellor uso dos escasos recursos
-Unir forzas para proporcionar solucións comúns a problemas comúns
-Dirixir asuntos globais
-Desenvolver propostas comúns ( por exemplo, ética, estándares)
-Dirixir asuntos xeográficos específicos
-Falar cunha ”soa voz” a terceiros países.

Obxectivo específico da convocatoria

A iniciativa ERA-Net xurde en 2002 a fin de mellorar a coordinación de programas de investigación non comunitarios.
Consiste na creación de redes de organizacións nacionais e rexionais de toda Europa adecadas ao financiamento de actividades, programas e iniciativas relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a innovación (Ministerios, axencias de innovación,...)
O obxectivo de ERA-Net é a coordinación destes programas e iniciativas, operando en distintos campos e áreas da ciencia e tecnoloxía, tanto en áreas temáticas concretas, como iniciativas de carácter horizontal.
ERA-Net tratará de reforzar a coordinación da investigación nacional e rexional de dúas maneiras:
1) Dotando a aqueles que aplican os programas de investigación públicos dun marco que mellore a coordinación por medio de ERA-Net novos e, asi mesmo, ampliando e profundizando nos ERA-Net xa existentes.
2) Dotando de maior axuda financeira comunitaria a participantes que creen un fondo común destinado a lanzar convocatorias de propostas conxuntas entre os seus respectivos programas nacionalis e rexionais. Isto levarase a cabo mediante o novo esquema ERA-Net Plus.

Eidos de actuación

1) Saúde
-HEALTH.2011.2.2.1-5: ERA-NET sobre neurociencias relacionadas coa enfermedade
-HEALTH.2011.2.4.3-5: ERA-NET sobre a prevención e o tratamento da diabetes
2) Alimentación, agriculta e pesca, e biotecnoloxía.
-KBBE.2011.1.1-05: Cooperación europea acrecentada e ampliada na área de Ciencias Moleculares das Plantas. ERA-NET
-KBBE.2011.1.2-08: Investigación Forestal na Rexión Mediterránea-Obligatorio ICPC (Países Mediterráneos asociados).
-KBBE.2011.1.3-05: Saúde e benestar animal-ERA-NET
-KBBE.2011.2.6-02: Producción de alimentos e consumo sustentables. ERA-NET
-KBBE.2011.3.3-01: Cooperación europea acrecentada e ampliada na área da Biotecnoloxía Industrial. ERA-NET
-KBBE.2011.3.6-06: Biotecnoloxía sintética. ERA-NET
3) Nanociencias, Nanotecnoloxías, Tecnoloxías de Materiais e Nova Producción (NMP)
-NMP.2011.2.3-2 ERA-NET sobre a investigación de ciencias materiais e inxeniería, incluida a cooperación internacional.
-NMP.2011.4.0-6 ERA-NET sobre a manipulación industrial de materias primas para as industrias europeas
-NMP.2011.4.0-7 ERA-NET sobre seguridade industrial
4) Enerxía
-ENERGY.2011.10.2-2: Apoiar a coordinación das actividades de investigación nacional de Estados Membros e Estados Asociados no campo da enerxía xeotérmica ( ERA-NET )
-ENERGY.2011.10.2-3: Apoiar a coordinación das actividades de investigación nacional dos Estados Membros e Estados Asociados no campo da enerxía oceánica ( ERA-NET )
5) Transporte (incluindo a Aeronáutica)
-GC.SST.2011.7-8 ERA-Net Plus ”Electromobilidade”
6) Ciencias socioecoonómicas e humanidades
-SSH.2011.3.2-2. Demanda de estupefacientes e reducción do suministro (ERA-Net)
-SSH.2011.3.3-1. Encontros culturais ( ERA-Net Plus )

Destinatarios

Está aberto para entidades legalmente constituidas e localizadas nalgunha das zonas de actuación dentro do ámbito xeográfico da Unión Europea.

Financiamento

As actividades financiadas oriéntasen á conexión en rede de actividades de investigación realizadas a nivel nacional ou rexional, procurando a apertura mutua dos programas de investigación:
1) Intercambio sistemático de información e boas prácticas:
-Intercambio sistemático de información e boas prácticas:
Foros de creadores e xestores de programas de investigación, intercambios de xestores de programas de curta duración, avaliación comparativa e difusión de boas prácticas, desenvolvemento e utilización de instrumentos de comunicación electrónica.
2) Actividades de carácter estratéxico
-Desenvolvemento de complementariedades recíprocas entre os programas dos socios de ERA-Net, identificación e análise das actividades de investigación realizadas no marco de programas distintos que, ao ter obxectivos similares, poderán integrarse en futuros programas multinacionais, identificación e análisis das actividades prácticas de conexión en rede e dos mecanismos de apertura mútua, identificación e análises dos obstáculos á realización de actividades de cooperación transnacional, catálogo das novas oportunidades e lagoas que presenta a investigación e fomento de tareas interdisciplinarias novidosas, sobre a base dunha avaiación tecnolóxica e unha análise prospectiva a nivel rexional, nacional e europeo, concepción de sistemas de avaliación comúns.
3) Realización de actividades conxuntas.
-Agrupación a posteriori dos proxectos de investigación financiados a nivel nacional ou rexional, utilización sistemática de procedementos de avaliación multinacionais, actividades de formación conxuntas, apertura mutua de instalacións e laboratorios.
4) Actividades de investigación transnacionais
-Elaboración dunha estratexia común e dun programa de traballo conxunto, así como a publicación dunha convocatoria conxunta e a realización dunha avaliación multinacional común e dun plan común de difusión dos resultados ou experiencias.

Orzamento total da convocatoria

Un total de 44.61 millóns de euros repartidos da seguinte maneira:
-Área 1: 4 millóns de euros
-Área 2: 12 millóns de euros
-Área 4: 6 millóns de euros
-Área 5: 4 millóns de euros
-Área 7: 10 millóns de euros
-Área 8: 8 millóns de euros

Data de publicación

20/07/2010

Data límite de solicitude

22/02/2011

Documentación

Contacto

Centro para el Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)
R/Cid, 4. 28001 Madrid
Teléfono:+34 91 581 55 00
Rede Europea para el desenvolvemento próspero do campo da aeronáutica en Europa.
Páxina web: http://www.airtn.com/
Persoa responsable en CDTI: Raul García
Departamento de Aeronáutica
Centro para el Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)
R/Cid, 4. 28001 Madrid
Teléfono: +34 91 581 55 00
Correo electrónico: caeronautica@cdti.es
Rede Europea de promoción da colaboración transnacional entre empresas y Centros Tecnolóxicos, Centros Públicos de I+D e Universidades na área da Construcción.
Departamento de Programas Multilaterales
Centro para el Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)
R/Cid, 4. 28001 Madrid
Teléfono: +34 91 581 55 00
Cid 4 - 28001, Madrid
Teléfonos: (34) 91 581 55 00 / (34) 91 209 55 00
Fax: (34) 91 581 55 94

Comentarios

-Encontro para interesados nunha estratexia marco comun para os fondos europeos en investigación e innovación: Bruselas, 1 de marzo 2011 (vid enlace)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante