Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2011-IRSES. Intercambio de investigadores con institucións ubicadas en terceiros países.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

PEOPLE:
O programa PEOPLE do 7PM, ten como obxectivo fortalecer cuantitativa e cualitativamente o potencial humano da investigación e a tecnoloxía en Europa mediante a formación, a mobilidade e o desenvolvemento dos investigadores pertencentes a universidades, organizacións ou empresas.

Obxectivo específico da convocatoria

IRSES é un novo instrumento das Accións Marie Curie, que ten como obxectivo principal fortalecer as asociaciones sustentables a longo prazo entre Institucións dedicadas á investigación a través do intercambio do seu corpo científico. Así, pretende apoiar organizacións de investigación para que establezan ou reforcen unha cooperación a longo prazo en materia de investigación, a través do desenvolvemento dun Programa Conxunto Coordinado de intercambio de investigadores para períodos curtos.
Comparada con outras accións de Marie Curie, que financian o intercambio individual dos investigadores, esta nova acción brindará soporte ás “Organizacións” dedicadas á investigación para o establecemento e a profundización de alianzas.
Mediante esta acción preténdese apoiar o fortalecemento da colaboración en investigación mediante programas de intercambio de personal e actividades de formación de redes entre organismos de investigación europeos e de terceiros países.

Eidos de actuación

A proposta presentará un programa plurianual conxunto, como base do programa de intercambio de persoal entre socios, que puede incluir:
1) Investigación conxunta
Actividades conxuntas de formación: workshops, seminarios, etc.
2) Outras actividades de formación de redes.
Aínda que está especialmente dirixido ao intercambio de persoal investigador, también é posible intercambiar persoal técnico e de xestión.
A igual que o resto das accións Marie Curie, IRSES está aberto a calquer tema de investigación, agás aqueles cubertos por o tratado EURATOM (investigación nuclear).

Destinatarios

Organizacións de investigación, públicas ou privadas con misión pública ( Universidades, Centros de investigación,...)

Socios

O consorcio ha de estar composto, polo menos, por 2 entidades legais independentes de 2 Estdos Membros ou de Estados Asociados (EEAA) distintos, e un ou máis organizacións doutros países cos que UE ten un acordo en CeT ou están en proceso de negociación (países IRSES), e aqueles países que forman parte da Política de Vecindade ( ENP-European Neighbourhood Policy).
O contrato suscribirase cun dos participantes dos EEMM ou EEAA (main contractor), mentras que ao resto denominaráselles organizacións sociais.
Entre os países IRSES atópanse 4 países Latinoamericanos ( Arxentina, Brasil, Chile e México).
Las Asociaciones entre las organizaciones extenderánse por un período de 24 e ata 48 meses, dentro deste período o intercambio de cada científico non poderá ser maior a 12 meses. Os investigadores que interveñan nos intercambios, deberán ser respaldados pola Organización de orixe, conservando o su salario e o seu posto de traballo.

Financiamento

Cada organización financiará os seus investigadores. A Unión Europea proveerá os seus científicos sobresaintes cunha asignación mensual de €1800, incluidos os gastos de viaxe e subsistencia. Os terceiros países deberán aplicar os seus propios montos de financiamiento.
Nalgúns casos e de maneira excepcional, a Unión Europea contribuirá co financiamiento dos investigadores que sexan nacionais de aqueles países cos cais a UE ten acordos de cooperación en materia de ciencia y tecnoloxía, como é o caso de Arxentina.
Financiaranse as axudas de custo dos investigadores europeos ( incluidos os custos de viaxe): 1800 euros por mes. En casos moi ben xustificados, particularmente os países cubertos pola política de vecindade europea, poderían pagarse viaxes e sustento.

Orzamento total da convocatoria

30 millóns de euros, que pode variar nun 10%

Duración do proxecto

Propuesta plurianual ( 2-4 años )

Data de publicación

20/10/2010

Data límite de solicitude

17/03/2011

Documentación

Contacto

Nicolás Ojeda
PNC del Programa People
E-mail:movilidad.7pm@micinn.es>movilidad.7pm@micinn.es
Tel:+34 91 603 79 56
Oficina Europea - MICINN
Albacete, 5 - 5ª pl. Sur 28027 Madrid
Marta Sánchez
E-mail:movilidad.7pm@micinn.es>movilidad.7pm@micinn.es
Tel:+34 91 603 83 99
MICINN
Albacete, 5 - 5ª pl. Sur, 28027 Madrid

Comentarios

A proposta xira en torno ao desenvolvemento dun Programa Conxunto Coordinado ( PCC ) de intercambio de investigadores. Neste PCC describiranse as accións de intercambio do persoal e as actividades de rede entre as organizacións europeas e as de outros países que compoñen o Consorcio.
Os participantes contribuirán á implementación do programa conxunto de intercambio, ben sexa intercambiando un vestigador propio ou ben hospedándoo.
A mobilidade de investigadors será de EEMM ou AAEE a terceiros países e viceversa. Espérase un balance entre o persoal a intercambiar de EEMM ou EEAA e de terceiros paises.
O tamaño do PCC e o do consorcio dependerán do número de persoal intercambiado.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante