Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-INCO-2011-6. Reforzando a cooperación cos veciños europeos no contexto do ERA.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

As propostas da Comisión relativas ao programa Capacidades do 7PM teñen como obxectivo aumentar as capacidades de investigación e innovación en toda Europa e asegurar o seu aproveitamento óptimo.
Este programa específico también se propón:

1) Apoiar o desenvolvemento coherente de políticas
2) Complementar o Programa de Cooperación
3) Contribuir ás políticas e iniciativas comunitarias para mellorar a coherencia e o impacto das políticas dos Estados membros;
4) Encontrar sinerxias coas políticas rexionais e de cohesión, os Fondos Estructurais, os programas de educación e formación e o Programa Marco para a Competitividade e a Innovación (CIP).

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria está dirigida a centros de investigación e tecnoloxía de alto nivel, ubicados nun país membro da política de vecindade da UE (ENPI), e que non están asociados ao 7PM. Aa proposta ha de centrarse só nun destos centros, pero o consorcio debe incluir un ou máis participantes adicionais, concretamente dos estados membros da UE ou países asociados, para cumprir os obxectivos da actividade.
O obxectivo desta convocatoria é reforzar as capacidades de cooperación dos centros de investigación localizados nun estado ENPI.

Eidos de actuación

As actividades cubertas por esta convocatoria son:
1) Convenios bilaterais con centros de investigación de estados membros da UE ou países asociados para o intercambio de coñecementos e boas prácticas, divulgación de información científica, identificación de socios e establecemento de experimentos conxuntos mediante visitas curtas ou intercambios de persoal, reunións, seminarios e actividades similares.
2) Desenvolvemento de módulos formativos para a construcción de competencias e facilitar a participación de estos centros no 7PM.
3) Desenvolvemento da estratexia dos centros de investigación para incrementar o seu enfoque e visibilidade ( cobertura rexional, actividades ) para lograr unha ventaxa comparativa e mellorar a súa competitividade, por medio da ampliación das súas respostas ás necesidades socioeconómicas dos seus países e da súa rexión.
Os países onde deben estar situados os centros de investigación e tecnoloxía son:
6.1.- Europa do Este e Sur do Cáucaso: Moldovia, Georgia, Ucrania, Bielorrusia, Armenia, Azerbaiyán.
6.2.- Países do Mediterráneo: Marruecos, Alxeria, Túnez, Libia, Exipto, Xordania, Áreas Palestinas, Líbano e Siria.

Destinatarios

Universidades, centros de investigación, empresas e todas aquelas entidades capaces de desenvolver un proxecto de investigación

Financiamento

O financiamento comunitario pode cubrir os custos da coordinación e a mobilidade, en forma de subvención que pode chegar ata o 100% do orzamento. Os socios han de dispoñer de fondos propios para apoiar as actividades que se coordinan.
As Accións de Coordinación (CA) son accións nas que participan múltiples socios destinadas a alentar e apoiar a creación de redes e a coordinación de actividades de investigación que levan socios.
As Accións de Apoio (SA) consisten en accións cun ou varios socios. Neste caso contribúese activamente a complementar a execución do Sétimo Programa Marco e non se financia a investigación.

Orzamento total da convocatoria

15 millóns de euros, repartidos da seguinte maneira:
1) 6 millóns de euros para o campo de actuación 6.1 ( Europa do Este e sur do Cáucaso)
2) 9 millóns de euros para o campo de actuación 6.2 ( Países Mediterráneos)

Data de publicación

20/07/2010

Data límite de solicitude

15/03/2011

Documentación

Contacto

Almudena Carrero
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
R/ Albacete, 5 - 5a planta Sur
28071
Madrid
ESPAÑA
Tel: +34 916 03 79 86
Esperanza Martín Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
R/Cid, 4
28001
Madrid
ESPAÑA
Tel: +34 902 34 74 34
Antonio Gómez
E-mail: agg@cdti.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante