Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2011-CIG. Integración de investigadores na UE.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Esta acción é sucesora das anteriores Bolsas de reintegración (Reintegration Grants – RG). O seu obxectivo é reforzar a Área de Investigación Europea, animando aos investigadores a establecerse nun estado membro ou país asociado, por exemplo, tras un período de movilidade.

Obxectivo específico da convocatoria

A acción está diseñada para ofrecer aos investigadores establecerse en Europa, co seu propio orzamento de investigación, contribuindo ao éxito científico da sua carreira investigadora. Esta acción debe ademáis permitir a transferencia do coñecemento que adquiriron previamente, así como o desenvolvemento dunha cooperación duradeira na contorna científica ou industrial do país dende o que se trasladou. Esta acción ten como obxectivo contrarrestar a fuga de cerebros a terceiros países.

Eidos de actuación

Non hai campos de actuación predefinidos. Os campos de investigación son elixidos libremente polos solicitantes e son susceptibles de financiamento todos os campos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico baixo o Tratado de Funcionamento da UE.

Destinatarios

Investigadores Doutores, ou cunha experiencia de 4 anos de dedicación completa a investigación. Ademáis, non deben ter estado durante un periodo de máis de 12 meses durante os 3 últimos anos no país da organización de acogida.
Organizaciones activas en investigación, ubicadas nun Estado Membro ou país asociado.
Os investigadores que foran beneficiados ou estén beneficiándose dunha Bolsa de (Re)-Integración, incluindo bolsas IRG e ERG do 6PM e 7PM non son elexibles nesta convocatoria.

Financiamento

Subvención de 25.000 € por investigador e ano, durante un periodo de 2 a 4 anos.

Orzamento total da convocatoria

40 millóns de euros

Duración do proxecto

Entre 2 e 4 anos.

Data de publicación

20/10/2010

Data límite de solicitude

08/03/2011

Documentación

Contacto

Nicolás Ojeda
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
R/ Albacete, 5 - 2a planta Este
28027
Madrid
SPAIN
Tel: +34-91-6037956
Marta Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación
Subdirección General de Programas Europeos
R/Albacete 5 - 5ª sur
28027
Madrid
SPAIN
Tel: +34-91-6038399

Comentarios

A solicitude realízase de forma conxunta por un investigador e unha organización de acollida. O apoio financceiro pretende ofrecer ao investigador as mellores condicións posibles para establecerse nun centro de investigación. A organización de acollida ofrecerá ao investigador un contrato cunha remuneración similar ou superior á ofrecida a outros investigadores similares da mesma institución.
Non está sujeta ao réximen de mínimis.
Haberá xornadas Informativas sobre a convocatoria CIG-2011 o vindeiro 23 de febreiro en Barcelona. Achégase páxina web informativa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante