Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2011-COFUND. Movilidade transnacional de investigadores.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A movilidade transnacional abre novos horizontes aos investigadores.
Para favorecela, as accións Marie Curie ofrecen financiamento adicional a programas de bolsas novos ou xa existentes, regionais ou nacionais, de formación para a investigación e o desenvolvemento da carreira profesional. Co programa COFUND pódense tamén apoiar e reforzar programas internacionais, tanto novos como xa existentes.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta acción COFUND ten como obxectivo aumentar as posibilidades de movilidade a escala europea para a formación e o desenvolvemento profesional dos investigadores con experiencia, na liña dos obxectivos establecidos na actividade da partida ”Formación permanente e promoción profesional”, aumentando así o seu impacto global.
A acción de co-financiamento está enfocada a programas de apoio á movilidade transnacional de investigadores experimentados nas diferentes etapas da sua carreira, incluidos os investigadores pouco después de haber obtido un dotoramento, mediante a ampliación ou a profundización das suas competencias individuais, especialmente en termos de adquisición das habilidades multi ou interdisciplinarias ou adquisición de experiencias intersectoriais e, en particular, fomentar a movilidade entre as organizacións do sector público e empresas privadas, para apoiar os investigadores na obtención ou reforzo dunha posición independiente de alto nivel, como por exemplo como investigador principal, profesor ou a posición doutros altos cargos na educación ou na empresa. Pretende ademáis integrar aos investigadores nunha carreira de investigación nos Estados membros e países asociados, en particular no seu país de orixe, tras unha experiencia de movilidade.

Eidos de actuación

A acción ten en conta tres tipos de movilidade transnacional, baseados esencialmente en:
1) Movilidade de saida para las bolsas e subvencións aos residentes dos Estados membros ou países asociados, de preferencia cunha fase de regreso .
2) Movilidade de acollida para as bolsas e subvencións aos non residentes do país da organización de acollida
3) Reintegración dos nacionais dos Estados membros ou nacionais de terceiros países asociados que leven a cabo investigacións nun terceiro país durante, al menos 3 anos, co fin de establecer unha carreira a longo prazo despois deste periodo de movilidade transnacional.

Destinatarios

Poderán optar a este financiamento os organimos públicos e privados responsables do financiamento e xestión de bolsas ou de programas de formación para investigación, tales como ministerios, institutos ou entes de investigación, organizacións internacionais e outras entidades que exerzan funcións de interese público.

Financiamento

Cofináncianse propostas de programas de bolsas ou de formación en investigación de carácter plurianual. Os programas teñen que ter algún elemento de movilidade transnacional, tal como movilidade de entrada ou saida de investigadores ou a súa reintegración laboral en investigación en Europa.
A cofinanciación COFUND consiste nunha contribución porcentual fixa e cun tope máximo aos costes de investigadores participantes na acción. Os acordos da axuda, dunha duración de 2 a 4 anos, fírmanse coa Comisión.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é:
Orzamento anual para o ano 2011: 90 millóns de euros ( pode variar nun 10%)

Data de publicación

20/10/2010

Data límite de solicitude

17/02/2011

Documentación

Contacto

Nicolás Ojeda
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
R/ Albacete, 5 - 2a planta Este
28027
Madrid
SPAIN
Tel: +34 916 03 79 56
Marta Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación
Subdirección General de Programas Europeos
R/Albacete 5 - 5ª sur
28027
Madrid
SPAIN
Tel: +34 916 03 83 99

Comentarios

As propostas COFUND decídense nun concurso aberto. A selección faraa un grupo paritario independiente que xulgará a excelencia cuns criterios predeterminados de selección dos bolseiros, para facela transparente i equitativa. Avaliarase a capacidade de xestión, a claridade do proceso de solicitude e a utilidade do programa para o desenvolvemento profesional dos investigadores participantes.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante