Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ICT-2011-SME-DCL Iniciativa empresarial (PEMES) nos contidos e linguaxes dixitais.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral


O obxectivo xeral é a cooperación en materia de tecnoloxías da información e da comunicación.
Persegue tanto mellorar a competitividade da industria europea, como responder ás demandas socioeconómicas mediante o desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e Comunicacións.

Obxectivo específico da convocatoria


Tendo en conta que as Tecnoloxías da Información e Comunicación están no núcleo da sociedade basada no coñecemento, as actividades incluidas nesta prioridade van encamiñadas a fortalecer a base científica e tecnolóxica europea e a asegurar o seu liderazgo mundial, estimulando a innovación e a creatividade no desenvolvemento de produtos, servizos e procesos, e asegurando que estas innovacións se transformen rápidamente en beneficios para os cidadáns, as empresas e os gobernos europeos.
Estas actividades tamén incidirán na reducción da denominada ”fenda dixital” e a exclusión social.

Eidos de actuación


PRIORIDADE 4: Tecnoloxías para contidos dixitais e linguaxes

Trátase de accións de apoio e coordinación ( CSA ) e proxectos de investigación a pequena ou mediana escala ( STREP ) que permitan a organizacións pequenas ou individuais crear contido de calidade e servizos innovadores, permitindo á xente o acceso aos contidos dixitais e servizos que destrúan as barreiras da linguaxe. Tamén abrangue aplicacións e plataformas que aumenten a capacidades de análises de datos.

Destinatarios


Han de ser consorcios de, al menos, dúas PEMES

Financiamento


Financianse proxectos:

-Que aporten valor engadido a nivel europeo (dimensión e impacto europeos )
-Que respeten os principios éticos fundamentais.

Non se poderá solicitar máis de 2 millóns de euros por proxecto.
O 30% dos fondos solicitados deberán ser achegados por o consorcio de PEMES. Esta cantidade deberá ser mantida ao longo do proceso ata a fase final de selección dos proxectos.

Son dous tipos de proxectos:

-Proxectos de Coordinación e Apoio (CSA). Son actuacións de coordinación ou apio de acticidades e políticas de investigación ( redes, intercambios, acceso transnacional a infraestructuras de investigación, estudos, congresos, etc...)
-Proxectos de investigación de pequena ou mediana escala.

Orzamento total da convocatoria

35 millóns de euros

Duración do proxecto


1ª FASE-Proxectos curtos: Ata o 28/04/2011
2ª FASE-Proxectos longos: Ata o 28/09/2011
A duración do proxecto non poderá exceder de 24 meses, e a contía subvencionable máxima que se pode pedir á UE é de 2 millóns de euros por proxecto.

Data de publicación

01/02/2011

Data límite de solicitude

28/04/2011

Documentación

Contacto

Luis Guerra Casanova
CDTI
R/Cid, 4
28006
Madrid
España
Tel: +34 902 34 74 34
Fax: +34 915 81 55 86
http://www.cdti.es/pidi

Comentarios


Hai dúas etapas:
1) Proposta curta, tendo de prazo ata o 28 de abril de 2011, 17:00 hora de Bruselas.
2) Proposta longa, tendo de prazo ata o 28 de setembro de 2011, 17:00 hora de Bruselas.
A avaliación dos proxectos farase con arreglo a tres criterios:
-Excelencia científica ou tecnolóxica. Valorarase a solvencia do concepto, a calidade dos obxectivos, o progreso feito máis alá do ”estado da ciencia”, a calidade e eficacia da metodoloxía o plan de traballo asociado así como a calidade e efectividade da coordinación e instrumentos de apoio.
-Calidade e eficiencia na implementación e xestión. Valorarase a procedencia da estructura de xestión e procedementos, a calidade e experiencia dos participantes individuais, a calidade do consorcio no seu conxunto, a procedencia da adxudicación e xustificación dos investimentos ( segundo o orzamento, a plantilla de persoal e o equipo).
-O potencial impacto no desenvolvemento, diseminación e uso dos resultados do proxecto. Valorarase a contribución, a nivel europeo, aos impactos esperados e listados no programa de traballo, a procedencia das medidas de divulgación e explotación dos resultados do traballo e a xestión dos dereitos de propiedade intelectual, a procedencia das medidas para divulgar o coñecemento.
Para ver os criterios de valoración de proxectos longos, ver guías dos solicitantes.
Xornada informativa sobre a convocatoria FP7-ICT-2011-SME-DCL

Día: martes 22 de febrero de 2011
Lugar: Centro Demostrador del Hogar Digital
Centro Cultural Eduardo Úrculo
Plaza Donoso nº5, 28029 Madrid
Xunto á Praza de Castilla, Metro Ventilla.
Día das Propostas TIC´s 2011
Lugar: Budapest
Data: 19-20 maio 2011
Encontro para interesados nunha estratexia marco comun para os fondos europeos en investigación e innovación
Lugar: Bruselas
Data: 1 de marzo 2011 (vid enlace)

V Conferencia VII Programa Marco de I+D da Unión Europea en España: Hacia a Estratexia Común Europea de Investigación e Innovación (vid enlace)
Lugar: Kursaal de San Sebastián
Data: 20 e 21 de xuño de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante