Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-2011-NMP-FoF “Fábricas do futuro”

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo esencial do tema “Nanociencia, Nanotecnoloxía, Materiais e novas tecnoloxías de produción (NMP) do programa Cooperación é mellorar a competititividade da industria europea e xerar o coñecemento necesario para transformala nunha industria intensiva en coñecemento en lugar de intensiva en recursos. Por outra parte, persegue fortalecer a competitividade da industria europea mediante a xeración de “cambios por pasos” nun amplo abano de sectores.

Eidos de actuación

As accións a ser financiadas corresponderán a algún dos seguintes campos de investigación:

• FoF.NMP.2011-1: Eco-fábrica: produción máis limpa e máis eficiente en recursos.
• FoF.NMP.2011-2: Sistema de control de arquitectura aberta e máquinas cooperativas.
• FoF.NMP.2011-3: Robótica para automoción da produción e outros procesos auxiliares.
• FoF.NMP.2011-4: Solucións de alta tecnoloxía nos procesos de produción para produtos de consumo verdes, seguros e saudables.
• FoF.NMP.2011-5: Cara a manufactura sen defectos
• FoF.NMP.2011-6: Cadeas de manufactura para compoñentes de revestimento

Destinatarios

Entidades legais independentes, de carácter público ou privado.

Socios

Todos os proxectos son colaborativos polo que requiren a participación de polo menos tres socios todos eles establecidos en Estados membros ou Estados asociados diferentes, é dicir, os tres ou máis socios deben provir de Estados diferentes.

Orzamento total da convocatoria

80 millóns de euros

Data de publicación

20/07/2010

Data límite de solicitude

02/12/2010

Documentación

Contacto

Puntos de contacto nacional:

DNA. María del Pilar de Miguel
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial
C/ Cid, 4, 28001, Madrid
Tel: +34-91-5815562
Fax: +34-91-5815584

Comentarios

A hora límite de presentación das solicitudes é 17h (hora local Bruxelas) do 02 de decembro 2010.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante