Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Primeira convocatoria transnacional para proxectos de investigación dentro de ERA-MarineBiotech: ”Desenvolvemento de procesos de biorefinería para materiais biomarinos”

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Os obxectivos principais de ERA-MarineBiotech son:

• Estimular o desenvolvemento transeuropeo de investigación en biotecnoloxía mariña, a innovación e as actividades empresariais.

• Construír comunidades e aumentar as capacidades, tendo en conta as perspectivas e potenciais das diferentes rexións marítimas.

• Formar unha rede duradeira para financiar e apoiar a biotecnoloxía mariña.

O obxectivo desta convocatoria é levar tecnoloxía e mercado xuntos, impulsado polos enfoques de investigación para mellorar e desenvolver procesos de biorrefinería eficientes e sostibles para os recursos biolóxicos mariños.

España participa a través do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO).

Eidos de actuación

Os proxectos deben enfocarse no procesamento da biomasa dos recursos biolóxicos mariños e a optimización dos procesos de biorrefinería que conducen a unha serie de diferentes produtos. Tamén poden centrase nunha demanda do mercado observada, onde os requisitos se poidan satisfacer a través da biorrefinería da biomasa mariña.

Destinatarios

O MINECO soamente financiará as universidades e centros públicos de investigación, así como organismos de investigación privados sen ánimo de lucro e centros tecnolóxicos.

Socios

Participan axencias financiadoras de once países: Bélxica (Flandes), Dinamarca, Eslovenia, España, Islandia, Irlanda, Nova Caledonia, Noruega, Portugal, Romanía e Suecia.

A convocatoria establece que as propostas deben ser presentadas por un consorcio composto como mínimo de tres socios pertencentes a tres países diferentes da rede MarineBiotech, con un máximo de oito socios, e un máximo de tres socios por país.

Financiamento

O MINECO pode financiar ata o 100% dos custes marxinais do proxecto, nas categorías de gastos: gastos de persoal para contratos temporais (excluídas as becas), e custes directos. Os custes indirectos (overheads) non son elixibles.

O financiamento máximo do MINECO é 150.000 euros por socio (200.000 euros se o socio español é o coordinador do proxecto). Se participa máis dun socio español na mesma proposta, o financiamento máximo da parte española non debería superar os 250.000 euros por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento previsto para a presente convocatoria será de 8.000.000 euros, en total. O orzamento total do MINECO destinado a esta convocatoria é de 500.000 euros.

Duración do proxecto

Duración máxima de 3 anos.

Data de publicación

03/11/2014

Data límite de solicitude

10/12/2014

Documentación

Contacto

A presente convocatoria está coordinada centralmente por “ERA-MBT Joint Call Secretariat”, liderado pola “Project Management Jülich” (PtJ), Alemaña, que será o punto central de contacto para todos os coordinadores de proxectos. Información de contacto:

• Dr. Petra Schulte
Teléfono:+49 2461 61-9031
Correo electrónico: petra.schulte@fz-juelich.de
Fax: +49 246 61-1790

• Dr. Jens Schiffers
Teléfono:+49 2461 61-3972
Correo electrónico: j.schiffers@fz-juelich.de

• Dirección de correo:
Projektträger Jülich
z.Hd. Dr. Petra Schulte/ Dr. Jens Schiffers
Forschungszentrum Jülich GmbH
D-52425 Jülich

Punto de contacto nacional:
• Julio Barbas:
era-mbt@mineco.es

Comentarios

O procedemento de presentación consta de dúas fases. Na primeira preséntase unha proposta preliminar, con data límite o 10 de decembro de 2014, e os consorcios que superen esta fase, serán invitados a presentar a proposta completa, con data límite o 30 de abril de 2015.

Unha vez superado o proceso de selección transnacional, o MINECO invitará formalmente aos organismos públicos españois a presentarse á convocatoria de 2015 de Accións de Programación Conxunta Internacional do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante