Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Segunda convocatoria de propostas para proxectos de mobilidade urbana sostible da Iniciativa Civitas

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A presente convocatoria está dirixida a cofinanciar medidas de apoio para emprender proxectos de mobilidade urbana sostible. As propostas terán que enmarcarse nunha das catro áreas temáticas do programa:

• Transporte colectivo de pasaxeiros;

• Xestión da mobilidade;

• Estilos de vida con menos coches;

• Participación.

A actividade proposta non pode ter sido previamente (co)financiado por CIVITAS.

Eidos de actuación

As propostas deben encamiñarse aos seguintes niveis de implementación:

• “Estar inspirado”: viaxes de estudo, talleres ou actividades similares na etapa inicial de implementación;

• “Diálogo estrutural”: intercambio de persoal entre cidades receptoras e de donantes;

• “Estudos”: avaliación (a longo prazo, impacto e proceso), estudos de viabilidade, etc.;

• “Transferencia sistemática”: estudos de viabilidade que conducen cara unha demostración e implementación.

Destinatarios

Esta convocatoria está aberta tanto a organizacións individuais como a asociacións de organizacións. Deben estar establecidas en:

• Estados Membros.
• Albania.
• Antiga República Iugoslava de Macedonia.
• Islandia.
• Israel.
• Kosovo.
• Montenegro.
• Noruega.
• Serbia.
• Suíza.
• Turquía.

Socios

Os solicitantes ao fondo poden asociarse con unha das 12 cidades CIVITAS pioneiras, incluíndo Bremen (Alemaña) o gañador do premio 2014 CIVITAS para a Participación Pública.

Financiamento

O financiamento será de ata o 50% dos custes do proxecto. A cantidade oscilará entre 1.000 y 10.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

80.000 euros.

Data de publicación

01/10/2014

Data límite de solicitude

31/10/2014

Documentación

Contacto

Secretaría do Fondo da Actividade:

• Correo electrónico: activityfund@civitas.eu.

• Teléfono: +32 2 500 56 76.

Comentarios

As solicitudes faranse en liña en:

http://activity-fund-application.civitas.eu/activityfund/application/application_form.php

Para obter máis información e todos os documentos relacionados coa convocatoria, visite
www.civitas.eu/content/activity-fund

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante