Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CAESIE Conectando a excelencia europea e australiana en ciencia e innovación Subvencións preparatorias: Segunda convocatoria 2014 (FP7-INCO)

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

CAESIE é un programa de cooperación bilateral que ten como obxectivo establecer colaboracións entre centros de investigación e pemes de Australia e a UE.

Esta convocatoria financiará os custos de viaxe, reunións, etc. para o establecemento de novos consorcios.

Obxectivo específico da convocatoria

As áreas prioritarias son: enerxía limpa, envellecemento activo a través de tecnoloxías facilitadoras e cidades sostibles.

Destinatarios

Para ser elixible o investigador (ou grupo) e unha peme deberían ter identificado unha posible relación de colaboración. Debe ser unha iniciativa nova e non parte dunha colaboración en curso.

Só se permite unha solicitude por asociación de investigadores ou pemes.

O financiamento de CAESIE só é compatible cos tipos de investigadores ou pemes seguintes:

-Pemes europeas que buscan asociarse con investigadores de Australia.
-Pemes australianas que buscan asociarse con investigadores en Europa.
-Investigadores europeos que buscan asociarse con pemes en Australia.
-Investigadores australianos que buscan asociarse con pemes en Europa.

Non se subvencionan as colaboracións investigador-investigador ou peme-peme entre a Unión Africana e a UE ou da UE e a Unión Africana.

Non poderán participar aqueles que fosen beneficiarios dunha subvención con anterioridade.

Se se presentou sen éxito á primeira convocatoria poderase volver presentar sempre que reúna os requisitos esixidos e se se adoptaron as medidas oportunas para corrixir as insuficiencias que levaron a que a primeira solicitude non fose tida en consideración.

Orzamento total da convocatoria

Nesta convocatoria, realizarase un única subvención de AUD 7.000/ UE 4.800 aos solicitantes seleccionados, para apoiar as reunións iniciais e debates entre as asociacións de investigadores e pemes novas e emerxentes (por exemplo, aquelas viaxes e reunións centradas na formación dunha relación que conduza a actividades de colaboración).

A diferenza da primeira convocatoria só hai unha etapa sen seguimento dos fondos.

Duración do proxecto

Todos os proxectos deben ser completados dentro do prazo de 6 meses dende que o financiamento sexa aprobado (os solicitantes seleccionados serán notificados o 31 de outubro de 2014). Ademais, deberán presentar a CAESIE os informes finais antes do 1 de xuño de 2015.

Se non se poden cumprir estes prazos entón se debería presentar a solicitude.

Data de publicación

01/09/2014

Data límite de solicitude

30/09/2014

Documentación

Contacto

Punto de contacto

http://caesie.org/contact

Comentarios

Debido ao reducido calendario desta segunda convocatoria CAESIE non pode prestar axuda na procura de socios. Polo tanto é necesario ter identificado un socio potencial co que colaborar antes de cubrir o formulario da convocatoria.

Para solicitar unha subvención, primeiro debe presentar unha manifestación de interese.

O proceso da manifestación de interese permite a CAESIE avaliar a súa elixibilidade antes de continuar co seguinte paso e presentar unha solicitude.

Non se pode solicitar unha subvención a menos que fixese primeiro unha manifestación de interese, esta fose aprobada, e se emitise un número de manifestación de interese.

O proceso de manifestación de interese está aberto do 1 agosto ao 26 setembro de 2014. As manifestacións recibidas despois desta data non serán procesadas.

Unha vez aprobada, emitirase un número de manifestación e un enlace ao formulario de solicitude en liña PG Smartform. Poderase cubrir o formulario dende o 1 de setembro ao 30 de setembro de 2014.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante