Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas FP7-2013-NMP-ICT-FoF “EuRoC for End Users, Technology Developers & System Integrators”

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A industria manufactureira europea necesita solucións competitivas que aborden as necesidades industriais reais e que manteñan o liderado global en produtos e servizos. Para desenvolver estas solucións, debe haber unha transferencia de tecnoloxías innovadoras desde os laboratorios de investigación e análise aos usuarios finais das industrias.
Desta maneira, o proxecto EuRoC (European Robotics Challenges), da Iniciativa I4MS, lanzou unha convocatoria para o financiamento de experimentos sobre aplicacións robóticas a medida para a industria manufactureira.

Obxectivo específico da convocatoria

EuRoC está a procurar empresas manufactureiras que proporcionen casos de uso desafiantes e respostas no eido da produción para 3 retos relevantes para a industria:
• Célula de fabricación interactiva reconfigurable (reto 1)
• Manipulación e loxística en plantas de produción (reto 2)
• Inspección e mantemento de plantas (reto 3)

Eidos de actuación

Solucións robóticas, loxística, industria manufactureira

Socios

Empresas de manufacturación (“usuarios finais”), provedores de tecnoloxía e integradores de sistemas. Pode participar toda empresa que sexa una entidade xurídica (ou un conxunto de entidades xurídicas) e que estea establecido nun Estado membro da UE ou dun país asociado. Pódese participar nos retos de EuRoC como usuario final, provedores de tecnoloxía ou integrador de sistemas.

Financiamento

Concederase unha axuda financeira substancial aos “desafiadores”, que ascenderá a unha cantidade cumulativa de 7 millóns de euros e que axudará a converter as tecnoloxías innovadoras en aplicacións sustentables de usuarios finais

Duración do proxecto

48 meses

Data de publicación

01/04/2014

Data límite de solicitude

15/11/2014

Documentación

Contacto

Prof. Bruno Siciliano (EuRoC Coordinator)
DIETI, Università di Napoli Federico II
Via Claudio 21, 80125 Napoli, Italy
info@robotics-challenges.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante