Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Accións comunitarias do Fondo Europeo para a Integración de Nacionais de Terceiros Países (2010)

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA A INTEGRACIÓN DE NACIONAIS DE TERCEIROS PAÍSES

Obxectivo xeral

Apoiar financeiramente diversas accións de integración de nacionais de terceiros paises (calquera persoa que non ostente a nacionalidade dun Estado membro) na Unión Europea.

Obxectivo específico da convocatoria

Coas accións comunitarias deste fondo europeo fináncianse accións a nivel europeo, é dicir, proxectos transnacionais presentados por un consorcio europeo de entidades.

Eidos de actuación

Financiar proxectos que teñan por obxectivo polo menos unha das seguintes prioridades:
1. Mellorar a xestión da diversidade nos barrios.
2. Aumentar a participación dos inmigrantes no proceso democrático.
3. Reforzar as medidas de integración dirixidas a diferentes grupos de inmigrantes.
4. Estudar os lazos entre as políticas de admisión e os procesos de integración.

Destinatarios

Poden presentarse a esta convocatoria calquera entidade da administración pública a nivel local, rexional ou nacional, as organizacións sen ánimo lucro, os centros de investigación , as entidades solicitantes deben estar rexistradas en calquera dos 27 Estados membros da UE salvo Dinamarca, que non participa neste programa.

Socios

Precísanse polo menos participantes de 3 Estados membros.

Financiamento

A Comisión Europea financia ata un máximo do 90% dos custos elixibles. A cantidade que pode solicitarse va dos 350.000 euros ata 1 millón de euros.

Orzamento total da convocatoria

Para as accións comunitarias deste fondo o orzamento para 2010 ascende a 6.005.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos han de ter unha duración máxima de 18 meses.

Data de publicación

08/11/2010

Data límite de solicitude

14/01/2011

Documentación

Contacto

Dirección General de Integración de los Inmigrantes
C/ José Abascal, 39-.1ª Planta- 28003 Madrid
Tel: 91 363 16 23
Fax:91 363 70 57

Comentarios

É recomendable consultar os proxectos aprobados en convocatorias anteriores para comprobar o que se considera unha boa acción comunitaria susceptible de ser financiada por este fondo. O ano pasado aprobáronse un total de 9 proxectos dentro desta convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante