Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

HÉRCULES III Convocatoria de propostas - 2014 Formación e estudos xurídicos

Programa

HÉRCULES III

Obxectivo xeral

O obxectivo da presente convocatoria de propostas é outorgar subvencións dirixidas, en particular, a reforzar o nivel de desenvolvemento da protección xurídica e xudicial específica dos intereses da Unión fronte á fraude, promovendo a realización de estudos de Dereito comparado.

Eidos de actuación

A Comisión a través da OLAF, Oficina Europea de Loita contra a Fraude, outorgará subvencións para accións que persigan o seguinte:

- o desenvolvemento de actividades de investigación de perfil elevado, entre elas a realización de estudos de Dereito comparado,

- a mellora da cooperación entre os profesionais en exercicio e os estudosos (por medio de accións tales como conferencias, seminarios e talleres), incluída a organización da reunión anual dos presidentes das asociacións de Dereito penal europeo e para a protección dos intereses financeiros da UE,

- sensibilizar os xuíces e outros profesionais do Dereito con respecto á protección dos intereses financeiros da Unión, por exemplo, mediante a difusión de coñecementos científicos en relación coa devandita protección.

As accións poderán consistir en estudos de Dereito comparado, conferencias, seminarios, talleres, publicacións periódicas, etc.

Destinatarios

Segundo se especifica no artigo 6 do programa, os solicitantes deberán ser:

- administracións nacionais ou rexionais dun Estado membro e dun país participante, que promovan o reforzo da actuación a nivel da UE para protexer os intereses financeiros da Unión,

o

- institutos de investigación e ensino e entidades sen ánimo de lucro, sempre que leven como mínimo un ano establecidos e en funcionamento nun Estado membro ou un país participante, e que promovan o reforzo da actuación a nivel da UE para protexer os intereses financeiros da Unión.

O artigo 7, apartado 2, do programa define os países participantes distintos dos Estados membros.

Financiamento

A contribución financeira concederase en forma de subvención e non excederá do 80% dos custos subvencionables. En casos excepcionais e debidamente xustificados, a devandita contribución poderá incrementarse ata como máximo o 90% dos custos subvencionables. A convocatoria enumera os criterios que se aplicarán para determinar eses casos excepcionais e debidamente xustificados.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado a esta convocatoria de propostas estímase en 550.000 euros.

Duración do proxecto

A solicitude debe estar relacionada cun proxecto que se inicie, como moi pronto, o 1 de decembro de 2014 e conclúa como moito o 1 de decembro de 2015.

Data de publicación

17/07/2014

Data límite de solicitude

08/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse, indicando a referencia ”Hércules III- 2014 Formación e estudos xurídicos”, á seguinte dirección de correo electrónico:

OLAF-FMB-HERCULE-LEGAL@ec.europa.eu

Comentarios

As solicitudes teñen que ser enviadas cumprimentando o formulario de solicitude que se pode descargar da páxina web da OLAF (Oficina Europea de Loita contra a Fraude).

http://ec.europa.eu/anti_fraud/about-us/funding/hercule-iii/index_en.htm

Deberanse enviar dúas copias do formulario de solicitude así como de todos os documentos requiridos á seguinte dirección de correo:

a) Por correo postal:
HERCULE III - 2014 - Legal Training and Studies
Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF)
Unit D.5 - Hercule, Pericles and Euro Protection
(Office JII 30 - 09/41)
1049 Bruxelas
Bélxica

b) En man:
Entrada principal do edificio do Servizo central de recepción de correo da Comisión Europea

Avenue du Bourget 1 - 1140 Brussels (Evere)
No sobre indicarase a seguinte dirección:
HERCULE III - 2014 - Legal Training and Studies
Comisión Europea - OLAF
Unit D.5 — Hercule, Pericles and Euro Protection
(Office JII 30 – 09/41)
1049 Bruxelas
Bélxica

Ademais, tamén deberá remitirse por correo electrónico unha copia do formulario de solicitude (en formato Word) e do formulario para o presuposto (en formato Excel) nos seus formatos orixinais (non en pdf), así como de todos os documentos anexos requiridos, todos eles comprimidos nun arquivo zip.

OLAF-FMB-HERCULE-LEGAL@ec.europa.eu

Aos solicitantes recoméndaselles manter unha proba do envío das solicitudes por correo antes da data límite.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante