Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

HÉRCULES III Convocatoria de propostas - 2014 Formación na loita contra a fraude

Programa

HÉRCULES III

Obxectivo xeral

O obxectivo da presente convocatoria de propostas é outorgar subvencións para a organización de actividades específicas de formación especializada e talleres de formación en análise de risco, así como, se é o caso, conferencias, cuxo obxectivo sexa protexer os intereses financeiros da Unión e, ao mesmo tempo, alcanzar un nivel de protección equivalente en toda a Unión.

Eidos de actuación

A Comisión (OLAF) outorgará subvencións para accións que persigan o seguinte:

- o intercambio de experiencia e boas prácticas entre as autoridades pertinentes dos países participantes, incluídos os servizos coercitivos especializados, así como representantes de organizacións internacionais,

- a difusión de coñecementos, particularmente sobre como identificar mellor o risco para os efectos de investigación.

As accións consistirán no seguinte: conferencias, seminarios, coloquios, cursos, formación en liña, simposios, talleres, formación práctica e intercambios de persoal, intercambio de boas prácticas (incluído en relación coa avaliación do risco de fraude).

Destinatarios

Segundo se especifica no artigo 6 do programa, os solicitantes deberán ser:

- administracións nacionais ou rexionais dun Estado membro e dun país participante que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros da UE,

o

- institutos de investigación e ensino e entidades sen ánimo de lucro, sempre que leven como mínimo un ano establecidos e en funcionamento nun Estado membro ou nun país participante, e que promovan o reforzo da actuación a nivel da Unión para protexer os intereses financeiros da UE.

O artigo 7, apartado 2, do programa define os países participantes distintos dos Estados membros.

Financiamento

Ofrecerase cofinanciamento da UE por un importe máximo do 80% dos gastos subvencionables totais.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado a esta convocatoria de propostas estímase en 900.000 euros.

Duración do proxecto

A formación debe estar relacionada cun proxecto que se inicie, como moi pronto, o 15 de xuño de 2015 e conclúa a máis tardar o 15 de xuño de 2015.

Data de publicación

17/07/2014

Data límite de solicitude

15/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse, indicando a referencia ”Hércules III- 2014 Formación na loita contra a fraude”, á seguinte dirección de correo electrónico:

Olaf-anti-fraud-training@ec.europa.eu

Comentarios

As solicitudes teñen que ser enviadas cumprimentando o formulario de solicitude que se pode descargar da páxina web da OLAF (Oficina Europea de Loita contra a Fraude).

http://ec.europa.eu/anti_fraud/about-us/funding/hercule-iii/index_en.htm

Deberanse enviar dúas copias do formulario de solicitude así como de todos os documentos requiridos á seguinte dirección de correo:

a) Por correo postal:

HERCULE III — 2014 — Anti-fraud Training
Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF)
Unit D.5 — Hercule, Pericles and Euro Protection
(Office JII 30 – 09/41)
1049 Bruxelas
Bélxica


b) En man:

Entrada principal do edificio do Servizo central de recepción de correo da Comisión Europea
Avenue du Bourget 1 — 1140 Brussels (Evere)

No sobre indicarase a seguinte dirección:
HERCULE III — 2014 — Anti-fraud Training
Comisión Europea - OLAF
Unit D.5 — Hercule, Pericles and Euro Protection
(Office JII 30 – 09/41)
1049 Bruxelas
Bélxica

Ademais, tamén deberá remitirse por correo electrónico unha copia do formulario de solicitude (en formato Word) e do formulario para o presuposto (en formato Excel) nos seus formatos orixinais (non en pdf), así como de todos os documentos anexos requiridos, todos eles comprimidos nun arquivo zip.

Olaf-anti-fraud-training@ec.europa.eu

Aos solicitantes recoméndaselles manter unha proba do envío das solicitudes por correo antes da data límite.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante