Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

HÉRCULES III Convocatoria de propostas - 2014 Asistencia técnica para a loita contra a fraude na UE

Programa

HÉRCULES III

Obxectivo xeral

A convocatoria de propostas baséase no Regulamento 250/2014, polo que se establece o programa Hércules III, en particular, o seu artigo 8, letra a) («Accións subvencionables»), así como no programa de traballo anual para 2014.

O obxectivo desta convocatoria é permitir aos beneficiarios desenvolver accións para a compra, a posta en marcha e a instalación de equipos especiais e as ferramentas necesarias na loita contra a fraude que afecte aos intereses financeiros da UE.

Estas accións deben cumprir cos obxectivos do programa e o solicitante ten que demostrar a forma na que a acción proposta contribuirá á prevención e loita contra a fraude que afecte aos intereses financeiros da Unión, incluída a loita contra o contrabando de cigarros e a falsificación.

Eidos de actuación

As accións subvencionables en virtude da presente convocatoria de propostas consistirán en:

1. A compra e o mantemento de ferramentas e métodos de investigación destinados a combater as irregularidades, a fraude e a corrupción que atenten contra os intereses financeiros da Unión. Inclúese a formación especializada necesaria para manexar as ferramentas de investigación.

2. A compra e o mantemento de dispositivos para a inspección de colectores, camións, vagóns de tren e vehículos, nas fronteiras exteriores da Unión e dentro da propia Unión Europea, para detectar mercadorías de contrabando ou falsificadas importadas á Unión e que teñan por finalidade ou efecto eludir os dereitos de alfándega e impostos especiais.

3. A compra, o transporte, o adestramento, a garda e alimentación dos animais utilizados para detectar mercadorías de contrabando e ilícitas a través das características olfactivas destas. Estes animais serán cans olfateadores, pero poderían incluírse tamén outros animais, tales como ratas, porcos ou abellas, sempre que o solicitante poida probar que a utilidade do uso deses animais para estes efectos quedou demostrada en investigacións empíricas. As actividades de investigación e desenvolvemento a tal fin exclúense da presente convocatoria de propostas.

4. A compra, o mantemento e a interconexión de sistemas de recoñecemento automático das matrículas dos vehículos (Automated Number Plate Recognition Systems, ANPRS) ou os códigos dos colectores, para os efectos da protección dos intereses financeiros da Unión, sempre que tales sistemas non se solapen con outros sistemas existentes financiados pola UE, como a rede EUCARIS (2) ou os sistemas ERRU e RESPER (3). Inclúese a formación especializada necesaria para o uso destes sistemas.

5. A compra de servizos destinados a reforzar a capacidade dos Estados membros para almacenar e destruír os cigarros e o tabaco incautados.

Destinatarios

Poderán optar ao financiamento no marco do programa as administracións nacionais ou rexionais dun Estado membro ou dun país non pertencente á Unión Europea que promovan o reforzo da acción europea destinada a protexer os intereses financeiros da UE.

Financiamento

A contribución financeira concederase en forma de subvención. A contribución financeira concedida non excederá do 80% dos custos subvencionables. En casos excepcionais e debidamente xustificados, a contribución financeira poderá incrementarse ata como máximo o 90% dos custos subvencionables. A convocatoria enumera os criterios que se aplicarán para determinar eses casos excepcionais e debidamente xustificados.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo dispoñible para esta convocatoria de propostas é de 7.450.000 euros.

Data de publicación

17/07/2014

Data límite de solicitude

01/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:
OLAF-FMB-HERCULE-TA@ec.europa.eu

Comentarios

As solicitudes teñen que ser enviadas cumprimentando o formulario de solicitude que se pode descargar da páxina web da OLAF (Oficina Europea de Loita contra a Fraude).

http://ec.europa.eu/anti_fraud/about-us/funding/hercule-iii/index_en.htm

O formulario e todos os anexos necesarios (enumerados na convocatoria) enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:
OLAF-FMB-HERCULE-TA@ec.europa.eu

Ademais, tamén será necesario o seu envío por correo postal indicando a referencia ”Hércules III Programa 2014 Solicitude para Hércules III - Asistencia técnica” á seguinte dirección:

a) Por correo postal:

Comisión Europea - Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF)
For the attention of Mr Johan KHOUW
Head of Unit D.5 “Hercule, Pericles & EURO protection’’
Office J-30- 09/41
B-1049 Bruxelas

b) Por correo express ou en man:

European Commission’s Central Mail Department
For the attention of Mr Johan KHOUW
Head of Unit D.5: “Hercule, Pericles & EURO protection”
Office J-30 – 09/41
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Evere – (Bruxelas)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante