Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para proxectos nacionais ou transnacionais de e-Xustiza - JUST/2014/JACC/AG/E-JU

Programa

XUSTIZA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten por obxecto cofinanciar proxectos nacionais ou transnacionais dirixidos a facilitar o acceso efectivo da xustiza para todos, promovendo e apoiando os dereitos das vítima, é o mesmo tempo respectando os dereitos de defensa.

Eidos de actuación

Os proxectos deben prestar apoio á implementación de proxectos de e-Xustiza dentro do portal de e-Xustiza e no ámbito nacional, na medida que teñan unha dimensión europea. Darase prioridade aos proxectos destinados á continuación ou mellora dos xa existentes proxectos do portal e-Xustiza, tales como:

• Interconexión dos rexistros nacionais de insolvencia (IRI)
• Find a Lawyer (FAL)/ Atopar un avogado.
• Find a Notary (FAN)/ Atopar un notario.
• Find a Bailiff (FAB)/ Atopar un axente xudicial.
• Implementación do identificador europeo de xurisprudencia (ECLI) .
• e-Codex.

Darase prioridade aos proxectos transnacionais.

Destinatarios

Os solicitantes e o socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. Os organismos ou organizacións con ánimo de lucro, tanto como solicitante ou como socio, só poderán solicitar en asociación cunha organización sen ánimo de lucro ou pública.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente nos Estados Membros, a excepción de Reino Unido e Dinamarca.

Financiamento

A subvención mínima será de 75.000 euros. Non existe límite máximo. Esta subvención se basea no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total del proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión do orzamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é de 2.755.000 de euros.

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

07/10/2014

Data límite de solicitude

07/01/2015

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-JUSTICE-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é:JUST/2014/JACC/AG/E-JU

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante