Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de subvencións destinadas ao apoio de proxectos transnacionais no ámbito da política de drogas da UE - JUST/2014/JDRU/AG/DRUG

Programa

XUSTIZA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria está dirixida a cofinanciar proxectos transnacionais en consonancia co obxectivo específico de apoiar iniciativas no campo das políticas de drogas así como de cooperación xudicial e de prevención de delitos estreitamente ligados ao obxectivo xeral do Programa de Xustiza. Ditos proxectos deben aspirar a xerar resultados co valor engadido da Unión Europea.

Eidos de actuación

As solicitudes presentadas nesta convocatoria deben centrarse nas seguintes prioridades:

• Novas substancias psicotrópicas: apoiar a implementación da lexislación comunitaria sobre ditas substancias a través da mellora da súa identificación e análise; responder eficazmente á rápida extensión do seu consumo na UE; reducindo a dispoñibilidade de substancias nocivas; realizando un seguimento ao seu alcance e características; e compartindo as mellores prácticas para a súa prevención.

• Rehabilitación: desenvolver e compartir prácticas dirixidas a evitar a recaída, así como modelos de boas prácticas para a integración e rehabilitación dos consumidores de drogas, ofrecendo alternativas ás sanciones coercitivas.

• As mellores prácticas: intercambio das mellores prácticas de cooperación entre autoridades públicas de servizos relacionados con este ámbito e a sociedade civil.

• Sociedade civil: apoiar la participación da mesma na implementación dos obxectivos da Estratexia da UE en materia de Drogas 2013-2020 e dos obxectivos específicos do Plan de Acción da UE en materia de Loita contra a Droga 2013-2016.

As actividades financiadas poderán ser:

• Recollida de datos, enquisas e investigación.
• Actividades de formación.
• Aprendizaxe mutua, intercambio de boas prácticas e cooperación. Inclúese a identificación das mellores prácticas transferibles a outros países participantes.
• Actividades de divulgación e sensibilización.

Destinatarios

Os solicitantes ou socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. O solicitante debe ser unha organización sen ánimo de lucro. Isto avaliarase en base aos estatutos, en particular, se permiten a posibilidade de distribuír ganancias aos membros/accionistas. Os organismos e organizacións con ánimo de lucro terán acceso á subvenciones só como socios dun organismo ou organización sen ánimo de lucro.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente nos Estados Membros, a excepción de Reino Unido e Dinamarca.

Socios

O proxecto debe ser transnacional; de modo que al menos estea integrado por unha asociación de organizacións de mínimo dous países participantes distintos.

Financiamento

A subvención mínima será de 75.000 euros. Non existe límite máximo. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de orzamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é de 2.509.000 euros.

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

08/08/2014

Data límite de solicitude

05/11/2014

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-JUSTICE-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/JDRU/AG/DRUG

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante