Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de subvencións destinadas ao apoio de proxectos de formación xudicial no ámbito do Dereito Europeo- JUST/2014/JTRA/AG/EJTR

Programa

XUSTIZA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria está dirixida a cofinanciar proxectos transnacionais que contribúan a un maior desenvolvemento do ámbito europeo de xustiza, baseado no recoñecemento mutuo e a confianza mutua. O obxectivo da presente convocatoria é contribuír á eficaz e a coherente aplicación da lexislación da UE. En especial, nas áreas de Dereito Civil, Dereito Penal y Dereitos Fundamentais; así como promover a confianza mutua entre os profesionais do Dereito.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar e promover a formación xudicial, incluíndo a formación de idiomas en terminoloxía xurídica, coa finalidade de fomentar unha cultura legal y xudicial común.

Eidos de actuación

As solicitudes presentadas nesta convocatoria deben centrarse nas seguintes prioridades:

• Dereito Civil; máis especificamente:

o Instrumentos legais en materia de asuntos familiares e sucesións; en concreto o Regulamento (UE) Nº 650/2012.
o Instrumentos legais en materia de asuntos civís e comerciais; en concreto o Regulamento (UE) Nº 1215/2012.
o Formación de axentes da autoridade competente e outros profesionais da xustiza na aplicación dos instrumentos no ámbito da cooperación xudicial en materia civil. En concreto o Regulamento (CE) Nº 2201/2003, o Regulamento (CE) Nº 805/2004 e o Regulamento (UE) Nº 655/2014.

• Dereito Penal; máis especificamente:

o Directiva 2010/64/UE sobre o dereito á interpretación e tradución nos procesos penais.
o Directiva 2012/13/UE sobre o dereito á información nos procesos penais.
o Directiva 2012/29/UE pola que se establecen normas mínimas sobre os dereitos, o apoio e a protección das vítimas de delitos.
o Directiva 2008/99/CE relativa á protección do medio ambiente mediante o Dereito Penal e a Directiva 2009/123/CE relativa á contaminación procedente de buques e a introdución de sancións para las infraccións.

• Dereitos Fundamentais; máis concretamente débense centrar en:

o Carta de los Dereitos Fundamentais da UE, en particular o seu alcance e recurso.
o Decisión marco 2008/913/JAI relativa á loita contra determinadas formas e manifestacións de racismo e xenofobia mediante o Dereito Penal.

• Outras áreas:

o Desenvolvemento das habilidades lingüísticas dos profesionais da xustiza.
o Coñecemento dos sistemas xurídicos dos Estados Membros.
o Outras necesidades de formación xustificadas.

A formación debe estar enfocada principalmente a membros do poder xudicial e ao persoal xudicial, é dicir: xuíces, fiscais, así como a outros profesionais da xustiza asociados co poder xudicial, tales como avogados, notarios, axentes xudiciais, axentes de liberdade condicional, mediadores e intérpretes xudiciais.

As actividades financiadas poderán ser:

• Organización de actividades interactivas de formación.
• Intercambios multilaterais entre os profesionais do dereito [a excepción dos xuíces y fiscais cuxos organismos de formación son membros da REFJ(EJTN) e participan nos intercambios organizados pola REFJ(EJTN)];
• Creación de contidos de formación, xa se trate de aprendizaxe presencial, semipresencial ou e-learning.
• Ferramentas para provedores de formación.

Destinatarios

Os solicitantes e o socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. Os organismos ou organizacións con ánimo de lucro, tanto como solicitante ou como socio, só poderán solicitar en asociación cunha organización sen ánimo de lucro ou pública.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente nos Estados Membros, a excepción de Reino Unido e Dinamarca.

Socios

O proxecto debe ser transnacional; de modo que estea integrado por unha asociación de organizacións de mínimo dous países participantes distintos.

Financiamento

A subvención mínima será de 50.000 euros. Non existe límite máximo. Esta subvención se basea no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total del proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión do orzamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é de 5.000.000 de euros.

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

12/08/2014

Data límite de solicitude

17/11/2014

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-JUSTICE-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants/priamos/index_en.htm

A referencia de esta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/JTRA/AG/EJTR

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante