Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de subvencións para proxectos de ampliación dos dereitos de persoas sospeitosas ou acusadas dalgún delito- JUST/2014/JACC/AG/PROC

Programa

XUSTIZA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria está dirixida a cofinanciar proxectos transnacionais e nacionais para contribuír á ampliación dos dereitos das persoas sospeitosas ou acusadas dalgún delito, en consonancia co obxectivo específico de facilitar o acceso á xustiza para todos. Ditas propostas deben aspirar a xerar resultados co valor engadido da Unión Europea, complementando ós esforzos da Unión Europea nesta área.

Eidos de actuación

A principal prioridade da presente convocatoria é contribuír á correcta aplicación dos seguintes instrumentos:

• Directiva 2010/64 sobre o dereito á interpretación e tradución nos procesos penais.
• Directiva 2012/13 sobre o dereito á información nos procesos penais.
• Directiva 2013/48 sobre o dereito de acceso a un avogado nos procesos penais.
Outra das prioridades é contribuír á preparación da acción da UE nas seguintes áreas:
• Cómo reducir a prisión preventiva.
• Seguir mellorando os dereitos procesuais dos acusados (diferentes aos instrumentos xa existentes da UE), incluso a través dos recursos xudiciais.

As actividades financiadas poderán ser:

• Recollida de datos, enquisas e investigación.
• Aprendizaxe mutua, intercambio de boas prácticas e cooperación. Inclúese a identificación das mellores prácticas transferibles a outros países participantes.
• Actividades de divulgación e sensibilización.

Destinatarios

Os solicitantes e o socios deben ser organizacións tanto públicas como privadas ou organizacións internacionais legalmente constituídas. Os organismos ou organizacións con ánimo de lucro, tanto como solicitante ou como socio, só poderán solicitar en asociación cunha organización sen ánimo de lucro ou pública.

Poderán participar na convocatoria as organizacións establecidas legalmente nos Estados Membros, a excepción de Reino Unido e Dinamarca.

Financiamento

A subvención mínima será de 75.000 euros. Non existe límite máximo. Esta subvención se basea no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total del proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión do orzamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é de 2.000.000 de euros.

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

14/08/2014

Data límite de solicitude

30/10/2014

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

EC-JUSTICE-CALLS@ec.europa.eu

O prazo para enviar os correos electrónicos recibidos é ata 7 días naturais antes da data límite da convocatoria. Os correos electrónicos enviados despois non serán respondidos.

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants1/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/JACC/AG/PROC

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante