Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Establecemento de Acordos Marco de Asociación de tres anos coas redes a nivel da UE e as subvencións de funcionamento para o ano 2015 - JUST/2014/SPOB/OG/NETW

Programa

XUSTIZA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten por obxecto establecer o Acordo Marco de Asociación (FPA) de tres anos (2015-2017) con redes a nivel da UE.

Das organizacións seleccionadas para firmar o FPA, a Comisión avaliará as actividades detalladas para o 2015 e o seu orzamento. No caso dunha avaliación favorable, convidarase ás organizacións a firmar o Acordo das Subvencións de Funcionamento para 2015.

Eidos de actuación

• Cooperación xudicial en asuntos civís e/ou asuntos penais (JCOO):

o Cooperación xudicial en asuntos civís.
o Cooperación xudicial en asuntos penais.

• Acceso efectivo a la xustiza para todos, incluídos os dereitos das vítimas de delitos e dereitos de defensa (JACC):

o Acceso efectivo ao sistema xudicial.
o Dereitos das vítimas de delitos e de persoas sospeitosas ou acusadas dalgún delito.

• Dereitos do neno (RCHI) e DAPHNE, loita contra a violencia exercida contra os nenos, os adolescentes e as mulleres (RDAP).
• Racismo, xenofobia, homofobia e outras formas de intolerancia (RRAC).
• Non discriminación (RDIS).
• Dereitos das persoas con discapacidade (RDIB).
• Igualdade entre mulleres e homes (RGEN).

Destinatarios

O solicitante deberá ser unha entidade legalmente establecida. Só a entidade poderá presentar a solicitude, non poderán os membros da mesma.

Para o Programa de Xustiza, nas áreas JCOO e JACC, poderán participar todos os Estados Membros a excepción de Reino Unido e Dinamarca.

Para o Programa REC:

o Áreas RDAP e RCHI: todos os Estados Membros, máis Islandia.
o Áreas RRAC, RDIS, RDIB e RGEN: todos os Estados Membros, máis Islandia e Liechtenstein.

Socios

Para as áreas JCOO, JACC, RCHI e RDAP; como mínimo haberá 14 países participantes. En RDAP, as actividades da área relacionadas coa mutilación xenital feminina (FGM), como mínimo haberá 10 países participantes.

Para as áreas RRAC, RDIS, RDIB Y RGEN; como mínimo haberá 15 países participantes.

Financiamento

Para as subvenciones de funcionamento tense previsto o seguinte financiamento:

• Para o Programa de Xustiza, nas áreas de JCOO e JACC o orzamento previsto é de 2.100.000 euros.

• Para o Programa REC:

o Nas áreas de RDAP e RCHI o orzamento previsto é de 1.080.000 euros.
o Nas áreas de RRAC e RDIS o orzamento previsto é de 2.750.000 euros.
o Na área de RDIB o orzamento previsto é de 2.200.00 euros.
o Na área de RGEN o orzamento previsto é de 950.000 euros.

Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

A previsión do orzamento comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é de 9.080.000 euros

Duración do proxecto

Os 12 meses do ano 2015.

Data de publicación

14/09/2014

Data límite de solicitude

14/11/2014

Documentación

Contacto

Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:
JUST-OPERATING-GRANTS@ec.europa.eu

Comentarios

O procedemento para á presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e a contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/justice/grants1/priamos/index_en.htm

A referencia desta convocatoria en PRIAMOS é: JUST/2014/SPOB/OG/NETW

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante