Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Formación dos xuíces nacionais en Dereito europeo da competencia e cooperación xudicial– Xustiza

Programa

XUSTIZA

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria é cofinanciar proxectos destinados a promover a cooperación xudicial e a formación dos xuíces nacionais, no contexto do respecto ás normas europeas en materia de competencia. Isto inclúe a aplicación pública e privada tanto das normas de defensa da competencia coma das normas sobre axudas estatais. O obxectivo final é garantir unha aplicación coherente da normativa comunitaria de competencia por parte dos tribunais nacionais.

Obxectivo específico da convocatoria

As subvencións desta convocatoria deberán cofinanciar proxectos que se centren en:

-Garantir a aplicación coherente e uniforme das normas europeas de competencia polos tribunais nacionais.
-Mellorar e fomentar a cooperación entre os xuíces nacionais no ámbito do Dereito europeo da competencia.
-As necesidades específicas de formación dos xuíces.

Eidos de actuación

Os proxectos deben abordar polo menos unha das seguintes áreas:

1. A mellora dos coñecementos, aplicación e interpretación da normativa sobre competencia da UE.
2. Apoio no ámbito do Dereito da Competencia ás institucións xudiciais nacionais.
3. A mellora e / ou a creación de redes de cooperación.
4. O desenvolvemento das habilidades xurídico-lingüísticas dos xuíces nacionais.

Destinatarios

O público obxectivo son os xuíces nacionais que se ocupan dos asuntos sobre o dereito da competencia a nivel nacional, incluídos os fiscais e o persoal xurídico das oficinas xudiciais ou dos tribunais nacionais dos países elixibles.

Os proxectos pódense orientar a unha audiencia dun ou máis dos países elixibles. Non obstante, os proxectos deben ser organizados de tal maneira que produzan resultados que teñan un valor engadido europeo.

Socios

Poden ser socios:

As organizacións públicas ou privadas debidamente establecidas nun dos países elixibles, ou unha Organización Internacional.

As organizacións de terceiros países poderán participar como asociados, pero non se lles permite presentar proxectos ou ser cosolicitantes (co-beneficiarios).

As organizacións con fins de lucro deben presentar as solicitudes en colaboración con entidades públicas ou organizacións privadas sen fins de lucro.

Financiamento

A subvención máxima que se pode conceder é 400.000 euros e a mínima é de 10.000 euros.

A Comisión resérvase o dereito a non asignar todos os fondos dispoñibles.

A subvención concedida polo programa non debe abarcar a totalidade do custo da acción. A contribución da UE limítase a un máximo do 80% do custo total subvencionable da acción. En consecuencia, polo menos o 20% dos custos totais subvencionables deben ser cubertos polo solicitante, os socios ou por outro provedor de fondos.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 1.000.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos terán unha duración máxima de 24 meses.

Por outra parte, o proxecto non pode ter comezado antes da data de presentación da solicitude de subvención.

Data de publicación

27/05/2014

Data límite de solicitude

28/08/2014

Documentación

Contacto

As consultas deben ser enviadas por correo electrónico a:

COMP-TRAINING-JUDGES@ec.europa.eu

Comentarios

Os proxectos non poden ter ánimo de lucro.

As solicitudes deben ser debidamente cubertas (incluíndo todos os documentos que se especifican no anexo), datadas e asinadas. Ademais, deberán presentarse por duplicado (un orixinal asinado e unha copia en formato electrónico) a máis tardar o venres 29 de agosto 2014, por correo postal ou servizo de mensaxería urxente. (Considerarase como data de presentación a data de envío, sendo demostrada polo cuño ou o resgardo do servizo de correo urxente).

a) Por correo postal:

Comisión Europea
Directorate General Competition – Unit A.6
HT.4289 - TRAINING OF JUDGES CFP 2014
MADO 20/043
1049 Bruxelas
Bélxica

b) Mediante entrega persoal ou por servizo de correo urxente:

Comisión Europea
Competition Directorate General – Unit A.6
HT.4289 - TRAINING OF JUDGES CFP 2014
Avenue du Bourget, 1
1140 Evere
Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante