Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Cooperación xudicial en asuntos civís e / ou criminais -
JUST/2014/JCOO-JACC/OG

Programa

XUSTIZA

Obxectivo xeral

O Programa financiará accións con valor engadido europeo que contribúan a impulsar o desenvolvemento dun Espazo Europeo de Xustiza. Para iso, a Comisión garantirá que as accións seleccionadas para o seu financiamento perseguen alcanzar resultados con valor engadido europeo.

Eidos de actuación

A convocatoria cofinanciará accións en dous ámbitos prioritarios:

• Cooperación xudicial en asuntos civís e/ou criminais.
Cofinanciaranse actividades relativas á área de asuntos civís, actividades nas áreas de lei familiar; mediación; estado civil; insolvencia; intercambio de información e rede de contactos entre autoridades legais, xudiciais e administrativas e as profesións legais e a promoción da cooperación xudicial a través de Europa.
Na área de asuntos criminais, cofinanciaranse, en particular, actividades de intercambio de coñecementos para buscar alternativas no campo das detencións, a recollida de datos estatísticos e a proporción de orientación sobre os aspectos prácticos do proceso do Marco de Decisións sobre Detención.

• Acceso eficaz á xustiza para todos, incluíndo dereitos de vítimas de delitos e dereitos de defensa.
Cofinanciaranse actividades no campo de dereitos de vítimas de delitos, aquelas actividades de apoio e servizos de soporte de especialistas para vítimas, valoración individual das necesidades destas e a cooperación das vítimas entre Estados Membros para mellorar o acceso destas aos seus dereitos.

A formación xudicial non é unha prioridade para esta convocatoria.

Destinatarios

Os destinatarios deben ser organizacións privadas sen ánimo de lucro. Ademais, deben ter personalidade xurídica debidamente establecida nun dos países que forman parte do Programa Xustiza.

Socios

O solicitante ten que ser unha rede formal establecida, tendo organizacións membros ou autoridades da mesma en polo menos 14 países da UE, con excepción de Reino Unido e Dinamarca, ambos países fóra desta convocatoria.

Financiamento

O financiamento solicitado non pode ser menor a 75 000 euros nin superior a 250 000 euros.

Orzamento total da convocatoria

1.300.000 euros

Duración do proxecto

O financiamento cubrirá as actividades que se leven a cabo dentro do programa anual de traballo da rede, sempre a partir da data de presentación da proposta e até o final do exercicio económico de 2014.

Data de publicación

29/04/2014

Data límite de solicitude

27/05/2014

Documentación

Contacto

As preguntas poden ser enviadas por e-mail á seguinte dirección de correo electrónico:
JUST-Operating-Grants@ec.europa.eu

Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades:
• Rue de Spa , 3, 1000 - Bruxelles
• Rue Joseph II, 27, 1000 - Bruxelles
• Rue Joseph II, 54, 1000 - Bruxelles
• Rue Robert Stumper 10, L-2557 Luxembourg/Gasperich

Comentarios

Os solicitantes só poden presentar unha solicitude baseada nun dos dous campos prioritarios da convocatoria: Cooperación en asuntos civís e / ou criminais ou Acceso á xustiza para todos.

A información para todos os solicitantes sobre os resultados do procedemento de selección e a firma dos acordos de subvención realizaranse entre xuño e xullo de 2014.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante