Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Prevención da violencia en nenos e mulleres e protexer dereitos do neno
- JUST/2014/RDAP-RCHI/OG

Programa

XUSTIZA

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do Programa é contribuír a seguir desenvolvendo un espazo no que se promovan, protexan e exerzan de forma efectiva a igualdade e os dereitos das persoas especificados no TUE, no TFUE, na Carta e nos convenios internacionais de dereitos humanos aos que se adheriu a Unión.

Eidos de actuación

A convocatoria cofinanciará accións en dous ámbitos prioritarios:

• Daphne - Previr e combater a violencia exercida contra os nenos e / ou mulleres e protexer ás vítimas deste tipo de violencia.
Na área de violencia contra nenos, as actividades para ser postas en marcha por estas redes en 2014 teñen que contribuír a mellorar o nivel de servizos de soporte proporcionado a nenos. Isto inclúe mellorar a prevención, a detección e a protección de nenos vítimas de violencia, mellorar a cooperación dos actores que traballan en sistemas de protección do neno tanto en nacionais e a nivel de fronteira. Na área de violencia contra mulleres, as actividades elixibles para o ano 2014 teñen que contribuír a mellorar o nivel de servizos de soporte especializado proporcionado ás vítimas.
A trata de persoas non é unha prioridade para esta convocatoria.

• Dereitos do neno
As actividades que han de ser postas en marcha polas redes de traballo en 2014 teñen que fundamentarse na Convención de Nacións Unidas para os Dereitos do Neno (UNCRC), dándolle especial importancia aos enfoques participativos e centrados na figura do neno.

Destinatarios

Os destinatarios deben ser organizacións privadas sen ánimo de lucro. Ademais, deben ter personalidade xurídica debidamente establecida nun dos países que forman parte do Programa de Dereitos, Igualdade e Cidadanía (DIC).

Socios

O solicitante ten que ser unha rede formal establecida, tendo organizacións membros ou autoridades da mesma en polo menos 14 países da UE.

As organizacións que tratan o campo da mutilación xenital feminina han de ter, polo menos, membros da rede ou autoridades desta en 10 países membros da UE.

Financiamento

O financiamento solicitado non pode ser menor a 75 000 euros nin superior a 250 000 euros.

Orzamento total da convocatoria

1.080.000 euros

Duración do proxecto

O financiamento cubrirá as actividades que leven a cabo dentro do programa anual de traballo da rede, sempre a partir da data de presentación da proposta e até o final do exercicio económico de 2014.

Data de publicación

29/04/2014

Data límite de solicitude

27/05/2014

Documentación

Contacto

As preguntas poden ser enviadas por e-mail á seguinte dirección de correo electrónico:
JUST-Operating-Grants@ec.europa.eu

Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades:
• Rue de Spa , 3, 1000 - Bruxelles
• Rue Joseph II, 27, 1000 - Bruxelles
• Rue Joseph II, 54, 1000 - Bruxelles
• Rue Robert Stumper 10, L-2557 Luxembourg/Gasperich

Comentarios

Os solicitantes só poden presentar unha solicitude baseada nun dos dous campos prioritarios da convocatoria: Prevención da violencia exercida contra os nenos e / ou mulleres e protección ás vítimas deste tipo de violencia ou Dereitos do neno.

A información para todos os solicitantes sobre os resultados do procedemento de selección e a firma dos acordos de subvención realizaranse entre xuño e xullo de 2014.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante