Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Prevención e Información en materia de Drogas - Subvencións para accións - JUST/2013 / DPIP / AG

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

Previr e reducir o consumo de drogas, a dependencia e os danos con ela relacionados.
Contribuír á mellora da información sobre o consumo de drogas.
Servir de apoio na execución da Estratexia da UE en materia de drogas.

Obxectivo específico da convocatoria

A) Fomentar as accións transnacionais co fin de:
1. crear redes multidisciplinares,
2. asegurar a expansión da base de coñecementos, o intercambio de información e a determinación e difusión de boas prácticas, entre outras cousas mediante a formación, as viaxes de estudos e o intercambio de persoal,
3. aumentar a sensibilización sobre os problemas sanitarios e sociais causados polo consumo de drogas e fomentar un diálogo aberto con vistas a promover unha mellor comprensión do fenómeno das drogas, e
4. apoiar medidas destinadas a previr o uso de drogas, incluída a redución do dano asociado coas drogas, e métodos de tratamento que teñan en conta os últimos avances científicos,
B) Implicar á sociedade civil na aplicación e desenvolvemento da Estratexia da UE en materia de drogas e dos Planes de acción da UE.
C) Supervisar, aplicar e avaliar a execución de accións específicas ao abeiro dos Plans de acción sobre drogas 2005-2008 e 2009-2012. O Parlamento Europeo queda incorporado ao procedemento de avaliación mediante a súa participación no grupo director de avaliación da Comisión.

Eidos de actuación

Prevención e información da drogadicción nos Estados membros da UE ou EFTA.

Destinatarios

Persoal docente, traballadores sociais, autoridades locais e nacionais, persoal sanitario, persoal xudicial, autoridades penitenciarías e forzas e corpos de seguridade, ONG, sindicatos e comunidades relixiosas.
Porén, o líder do proxecto debe ser unha organización sen ánimo de lucro, pública ou privada.

Socios

Deben proceder de polo menos dous Estados diferentes.

Financiamento

A axuda financeira da Axencia non poderá exceder do 80 % do total dos custes subvencionables do proxecto, sendo como mínimo de 75.000€

Orzamento total da convocatoria

2.634.000€

Duración do proxecto

Ata 24 meses.

Data de publicación

08/05/2013

Data límite de solicitude

11/07/2013

Documentación

Contacto

Dirección Xeral de Sanidade e Protección dos Consumidores
Rue Breydel, 4. 1040 – Bruxelas
Rue Froissart, 101, 1040 – Bruxelas
Rue Robert Stumper 11, L-2557 Luxemburgo/Gasperich

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante