Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Programa Específico Xustiza penal - JUST/2013/JPEN/AG

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

O Programa específico ”Xustiza penal” para o período 2007-2013 é parte do Programa Xeral ”Dereitos fundamentais e Xustiza”, que promove a cooperación xudicial sobre a base do recoñecemento mutuo e a confianza mutua, fomentando a compatibilidade das normas aplicables nos Estados membros necesaria para mellorar a cooperación xudicial, a mellora dos contactos, o intercambio de información, mellores prácticas e a confianza mutua.

Obxectivo específico da convocatoria

Baixo os obxectivos deste programa, a convocatoria de propostas diríxese a seleccionar proxectos transnacionais e nacionais que desenvolvan algunha das seguintes actividades: apoio ás víctimas da delincuencia (VICS), dereitos procesais e de defensa para os sospeitosos e acusados (DEFR), formación xudicial europea dos profesionais do dereito europeo (EJT), creación de redes de intercambio de mellores prácticas (BPRC), mellora das condicións relativas á detención (DETN), e-Xustiza (EJUST).

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas dentro das zonas de actuación.

Financiamento

A taxa máxima de cofinanciamento non excederá do 80% dos custos totais do proxecto, cuxo orzamento haberá de superar, en calquera caso, os 75.000 €, sen que exista un tope máximo establecido.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento orientativo global para a convocatoria de propostas é de 15,21 M€.

Data de publicación

22/03/2013

Data límite de solicitude

30/05/2013

Documentación

Contacto

Páxina do Programa de Xustiza Penal:
http://ec.europa.eu/justice/grants/programmes/criminal/index_en.htm
Consultas relativas ao rexistro e a solicitude no sistema PRIAMOS:
HOME-JUST-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu
Outras consultas relativas á convocatoria haberán de enviarse ao buzón de correo do Programa de Xustiza Penal, indicando claramente a súa referencia: JUST/2013/JPEN/AG – action grants
Buzón de correo do Programa: JUST-JPEN@ec.europa.eu
As consultas, que se resolverán á maior brevidade, NON serán resoltas a falta de sete días para a data límite de solicitude.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante