Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Programa Específico Xustiza civil - JUST/2013/JCIV/AG

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

O Programa específico ”Xustiza civil” para o período 2007-2013 é parte do Programa Xeral ”Dereitos fundamentais e Xustiza”, que promove a cooperación xudicial sobre a base do recoñecemento mutuo e a confianza mutua, fomentando a compatibilidade das normas aplicables nos Estados membros necesaria para mellorar a cooperación xudicial, a mellora dos contactos, o intercambio de información, mellores prácticas e a confianza mutua.

Obxectivo específico da convocatoria

Baixo os obxectivos do Programa, esta convocatoria está dirixida a seleccionar proxectos transnacionais, que desenvolvan algunha das seguintes actividades: estudos, investigacións, encontros e seminarios, intercambios entre as autoridades xudiciais e as redes de cooperación xudicial, intercambio no lugar de traballo, formación, difusión de información sobre acceso á xustiza, deseño, desenvolvemento e implementación de solucións de TI innovadoras, intercambio de boas prácticas, ou unha combinación destas actividades.

Eidos de actuación

As entidades ou organización que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), os Países Candidatos ou Terceiros Países.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

A taxa máxima de cofinanciamento non excederá do 80% dos custos totais elixibles.
Unha porcentaxe mínima do 20% terá quer ser asumida pola entidade solicitante ou polos socios cobeneficiarios ou demais socios, ou ben procederá doutras fontes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global provinte de fondos europeos previsto para esta convocatoria é de 8,78 millóns de euros.

Data de publicación

22/03/2013

Data límite de solicitude

04/06/2013

Documentación

Contacto

Páxina do Programa de Xustiza Civil: http://ec.europa.eu/justice/grants/programmes/civil/index_en.htm
Consultas relativas ao rexistro e a solicitude no sistema PRIAMOS:
HOME-JUST-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu
Outras consultas relativas á convocatoria haberán de enviarse ao buzón de correo do Programa de Xustiza Civil, indicando claramente a súa referencia: JUST/2013/JCIV/AG – action grants.
Buzón de correco do Programa: JUST-FRAMEWORK-CIVIL@ec.europa.eu
As consultas, que se resolverán á maior brevidade, NON serán resoltas a falta de sete días para a data límite de solicitude.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante