Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de Propostas - Formación dos xuices nacionais en dereito da competencia europea e cooperación xudicial entre xuices nacionais - Training of national judges – 2013

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

Aportar cofinanciación para proxectos encamiñados a promover a cooperación xudicial entre xuices nacionais, así como a súa formación, no contexto da aplicación das normas de dereito da competencia, así como medidas de cooperación comunitarias no eido da competencia co obxectivo de asegurar a consistencia da política europea de competencia.

Obxectivo específico da convocatoria

Os solicitantes deben indicar claramente cal das prioridades mencionadas a continuación abordan na proposta. Os proxectos deberán abordar alomenos unha das siguientes áreas:
1. Mellora do coñecemento, aplicación e interpretación do dereito europeo de competencia, mediante actividades de formación e capacitación.
2. Apoio ás institucións xudiciais nacionais no coñecemento da Competencia para a formación inicial dos xuices e fiscais nacionais.
3. Mellorar e/ou crear redes de cooperación, en particular entre as autoridades xudiciais ou otras institucións públicas ou organizacións privadas ou asociacións activas no eido da aplicación do Dereito europeo de competencia.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea, os países candidatos ou terceiros países.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación que desenvolvan a súa actividade na materia referida na convocatoria.

Financiamento

O financiamento por proxecto oscilará entre 10.000€ e 400.000€.

Orzamento total da convocatoria

Orzamento global de 0,80M€.

Data de publicación

16/02/2013

Data límite de solicitude

30/04/2013

Documentación

Contacto

Consultas referentes á convocatoria:
COMP TRAINING JUDGES@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante