Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

JUST/2011-2012/DPIP/AG - Programa de Información e Prevención en materia de Drogas ”Subvencións de acción”

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

Os proxectos que se presenten deberán ter os seguintes obxectivos:

- Promover a expansión dos coñecementos básicos, o intercambio de información e identificación e a difusión de boas prácticas na área da redución do consumo de drogras.
- Aumentar a difusión sobre o alcance dos problemas de saúde e sociais causados polas drogas así como os que inflúen no consumo destas, e promover un diálogo aberto coa intención de promover un mellor entendemento do fenómeno das drogas.
- Intercambiar boas prácticas na cooperación entre autoridades e sociedade civil a nivel local e/ou rexional, mediante servizos públicos co fin de previr, educar, reducir os danos e endurecer a lei, traballando xunto a organizacións voluntarias e servizos provistos polo conxunto da sociedade civil.
- Desenvolver e intercambiar boas prácticas no ámbito da política e os programas de avaliación a diferentes niveis, no campo da droga (a nivel local, rexional e nacional), en liña cos Plans de Acción de Drogas da UE.

Eidos de actuación

A presente convocatoria de propostas baséase na Decisión n 1150/2007/EC1 que establece o programa específico ”Información e Prevención en materia de Drogas ” (DPIP), para o período 2007-2013, como parte do Programa xeral ”Dereitos Fundamentais e Xustiza” aposta polo desenvolvemento e intercambio de mellores prácticas en políticas e avaliación do programa a diferentes niveis (local, rexional e nacional) en materia de drogas e sempre en liña cos Plans de Acción en materia de Drogas da UE.

Destinatarios

Esta convocatoria está aberta á participación dun partenariado composto por, polo menos, dúas organizacións de dous diferentes Estados membros da UE.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total indicativo na presente convocatoria de propostas é de 4.953.200€. A UE non subvencionará máis do 80% do custo total do proxecto e as cantidades orzadas non poden ser menores de 75.000€.

Data de publicación

17/01/2012

Data límite de solicitude

17/04/2012

Documentación

Contacto

Os solicitantes poderán enviar preguntas relacionadas:
- coa convocatoria a por correo electrónico a: JUST-DRUGS-Programme@ec.europa.eu
- co rexistro e aplicación via Príamos a: HOME-JUST-PRIAMOS-Usm@ec.europa.eu
Guía do candidato

Comentarios

Todas as solicitudes deben ser enviadas a través de Príamos. As aplicacións ou anexos enviados por correo electrónico, correo ou fax serán rexeitados automaticamente.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante