Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

JUST/2010/FRaC/OG. Dereitos Fundamentais e Cidadanía. Apoio ás actividades de ONGs e outras organizacións.

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

O programa específico ”Dereitos Fundamentais e Cidadanía” está integrado no programa xeral ” Dereitos Fundamentais e Xustiza”, tendo como obxectivo promover o desenvolvemento dunha sociedade europea basada no respeto dos dereitos fundamentais, incluidos os dereitos que emanan da cidadanía da Unión. Reforzar a sociedade civil e fomentar un diálogo aberto , transparente e periódico con ela sobre os dereitos fundamentais. Combater o racismo, a xenofobia e antisemitismo, e fomentar unha maior tolerancia na UE. Mellorar os contactos e intercambios de información e as relacións entre as autoridades.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar ás organizacións sen ánimo de lucro que persigan un obxectivo de interés xeral europeo, concretamente obxectivos xerais ou específicos do programa Dereitos Fundamentais e Cidadanía.

Eidos de actuación

1. Promoción dos dereitos fundamentais e información a todas as persoas dos seus dereitos, para animalos a participar activamente na UE.
2. Examen do respeto dos dereitos fundamentais na UE e nos seus Estados membros.
3. Apoiar organizacións non gubernamentais e outros entes da sociedad civil para impulsar a súa capacidade de participar activamente na promoción dos dereitos fundamentais, a legalidade e a democracia.
4. Creación das estruturas pertinentes co fin de fomentar un diálogo interconfesional e multicultural.

Destinatarios

Organizacións non gubernamentais, entidades ou organizacións sen ánimo de lucro debidamente eestablecidas polo menos durante 2 anos nalgún Estado membro da UE, que leven a cabo actividades que teñan unha dimensión europea afectando polo menos a 14 Estados membros da UE.

Socios

Debe tratarse de actividades que teñan unha dimensión europea afectando polo menos a 14 Estados membros da UE, ben por ter sede en todos eles, ben por ter socios neses Estados, ou ben por tratarse dunha rede de organizacións que levan a cabo un obxectivo común en polo menos 14 Estados membros.

Financiamento

A Comisión cofinanciará un maximo do 80% dos custes elixibles. A cantidade máxima da axuda para cada proxecto é de 300.000 EUR, e a mínima de 75.000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

1.000.000 EUR

Duración do proxecto

As accións deben realizarse durante 2011.

Data de publicación

30/10/2010

Data límite de solicitude

23/11/2010

Documentación

Contacto

Comisión Europea
DG Justicia e Interior JAI. Acciones en el marco de los derechos fundamentales.
Unidad JLS/D/4
Avenue du Bourget, 1
B-1049 Bruselas
Bélgica
Fax: 32 2 296 76 23
JUST-FRC-programme@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante