Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Formación de xuíces nacionais en Dereito da Competencia da UE e cooperación xudicial entre xuíces nacionais

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

Promover a formación de xuíces nacionais en Dereito da Competencia da UE, e a cooperación entre eles.

Obxectivo específico da convocatoria

Cofinanciar os proxectos que promovan a formación de xuíces nacionais e a cooperación xudicial entre estes xuíces no marco da aplicación das normas de competencia europeas, co obxectivo de garantir a coherencia da política de competencia da UE.

Eidos de actuación

Os proxectos poden comprender:
1. Actividades de formación sobre o Dereito da competencia da UE.
2. Actividades tendentes a promover a cooperación e/ou a constitución de redes entre xuíces nacionais.
3. Creación e/ou actualización de bases de datos que proporcionen informacións sobre o dereito da competencia da UE.
O público obxectivo destes proxectos serán os xuíces nacionais encargados de asuntos de competencia no eido nacional, incluídos os procuradores, os futuros xuíces nacionais, así como o persoal xudicial que traballan con xuíces e nos Tribunais nacionais dos Estados membros actuais da UE, non obstante tamén poden participar os dos Estados membros en vías de adhesión, os países candidatos e os países dos Balcáns occidentais implicados no proceso de asociación e estabilización, segundo o previsto nos acordos de asociación ou nos protocolos adicionais relativos á participación nos programas da UE concluídos con eses países.

Destinatarios

Institucións e organismos públicos ou privados sen ánimo de lucro, incluídas as organizacións profesionais, universidades, institutos que den formación en materias xurídicas e xudiciais aos xuíces, así como organizacións internacionais e organizacións non gubernamentais dos Estados membros.

Socios

Os proxectos deberán asociar a dous ou máis Estados membros, ou polo menos un Estado membro e un país en vías de adhesión ou candidato á adhesión autorizado para participar nas accións do programa.

Financiamento

O cofinanciamento máximo pola Comisión ascende ó 80% dos custes totais admisibles do proxecto, establecéndose un máximo de 100.000 EUR e un mínimo de 20.000 EUR

Orzamento total da convocatoria

800.000 EUR

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 24 meses.

Data de publicación

03/02/2011

Data límite de solicitude

04/04/2011

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección General de Competencia- Unidad A 1
HT.2954-FORMACIÓN DE JUECES CFP 2011
Avenue du Bourget, 1
1140 Evere
Belgique
Email: COMP-TRAINING-JUDGES@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante